Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ESIXE A DIMISIÓN XA DO PRESIDENTE DO CRDO RIBEIRO

A incapacidade demostrada o fronte da DO faino incompatible co cargo

Ribadavia, 9 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias esixe a dimisión inmediata do actual presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Felicísimo Pereira, xa que cada día que se mantén o fronte da Denominación de Orixe, maior é o risco de colapso desta diante das dificultades que a asedian como a praga de mildiu ou a forte seca que se está a vivir nos últimos meses.

A organización agraria denunciou de xeito reiterado o perigo que supón a desinformación monumental e a frivolidade coa que sempre se manexa o titular do CRDO diante das dificultades que a atravesan os viticultores no Ribeiro. Pero aínda mais tóxico resulta para as familias que viven da viña, a mentira e a cobardía de agacharse detrás dos técnicos cando os feitos desmontan os embustes do presidente do CRDO. Todo parece pensado para favorecer a adegueiros amigos con vocación de “señoritos de cortijo” que para compensar a súa incapacidade a hora de comercializar o viño, buscan reducir perdas baixando o prezo do que pagan pola uva.

UUAA mantén como ven dicindo desde hai tempo, que a caída na produción da DO Ribeiro será, cando menos dun 30% polos efectos do mildeu e a falta de auga que están sufrindo as cepas. Basta con saír do despacho e pisar as explotación e falar cos viticultores, e non só cos adegueiros, para saber o que pasa. Felicísimo Pereira parece ter esquecido que o CRDO é un órgano paritario entre todos os integrantes presentes no sector do viño.

Non se pode amparar, desde o posto que ocupa o presidente do CRDO Ribeiro, a entrada de uva de fóra da Denominación de Orixe para forzar a baixa o prezo das uvas, porque os custes de produción son os que son e non dependen das veleidades de determinadas adegas que parecen querer gañar os cartos sen risco nin traballo. Así, os estudos feitos polos técnicos de Unións Agrarias dan uns custes de produción de 0.75€ para as variedades autorizadas e 1.15€ para as preferentes.

Voceiro: Xosé Ramón González, resposable de Agricultura e UUAA, Tel 636 489 512  





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web