Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA O ABUSO NO CONTROL DOS FITOSANITARIOS

En Ourense o Seprona fotografía aos usuarios das comerciais agrícolas

Santiago 23 de xuño de 16.- Unións Agrarias, vén de presentar unha queixa formal diante da Subdelegación do Goberno en Ourense e na Delegación da Consellería da Presidente polas instruccións trasladadas ao axentes da autoridade para que monten controis as portas das tendas de produtos fitosanitarios de uso agrícola.

Unha actitude desproporcionada por parte da Policía Autonómica e a Garda Civil que parece querer criminalizar de xeito preventivo aos produtores que compran produtos para tratar as patacas ou as viñas. A situación chega aos límites do amendrantamento posto que como denunciaron nunha sede de UUAA uns agricultores da Limia os membros do Seprona chegaron a fotografiar e identificar as persoas que acudían a mercar fitosanitarios.

Esta situación é unha auténtica exhibición de cinismo por parte do conselleiro de Alfonso Rueda e do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, posto que se moitos agricultores galegos aínda non dispoñen do carnet para o uso e adquisición de produtos fitosanitarios foi polo retraso da Xunta de Galicia en habilitar a expedieción dos mesmo no territorio galego.

Logo parecen descoñecer que ata non hai moito tempo os produtores galego tiñan que desprazarse ata León para poder dispoñer da citada documentación habilitante.

O sindicato fai un chamamento ao sentido común para que as forzas da orde se dediquen a cubrir as necesidades de seguridade que precisan as aldeas ante os roubos, previr a acción dos pirómanos ou o mal que fan as mandas da fauna salvaxe. Os agricultores non son delincuentes so precisan protexer as colleitas das pragas, máxime cando  ademais agora a expedición de tarxetas vai a bo ritmo, grazas sobre todo ao traballo das organizacións agrarias.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura e Gandería Extensiva de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web