Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE DIÁLOGO PARA O NOVO TEMPO DO CRDO RIBEIRO

A profesionalidade e a despolitización son claves para o futuro da D.O.

Ribadavia, 23 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias pide que o diálogo presida o novo tempo que se abre no Consello Regulador da DO Ribeiro despois da dimisión do actual presidente. Algo que foi inexistente ata o de agora e que levou a esta organización agraria ter que pedir o cese  Felicísimo Pereira.

Non caben logo as actuacións que beneficien so a unha parte do ámbito sectorial que xira arredor dunha denominación de orixe, xa estas son órganos colexiados nos que as decisións deben de ser transversais e democráticas.

O sindicato Unións Agrarias manifesta que de cara a reunión transcendental que o Consello Regulador vai a celebrar en Ribadavia mañá para elixir un novo presidente, so contempla que a persoa na que recaia esta responsabilidade teña un perfil técnico, e que prime o ben de todos sobre os beneficios de uns cantos.            

Os produtores están moi preocupados ante unhas expectativas de colleita nas que como UUAA ven dicindo desde hai tempo, a caída na produción da DO Ribeiro será, cando menos dun 30% polos efectos do mildeu e a falta de auga que están sufrindo as cepas, cando os custes de produción son os que son e non dependen das veleidades de determinadas adegas que parecen querer gañar os cartos sen risco nin traballo. Así, os estudos feitos polos técnicos de Unións Agrarias dan uns custes de produción de 0.75€ para as variedades autorizadas e 1.15€ para as preferentes.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura e UUAA, Tel 636 489 512  





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web