Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE QUE O LÁCTEO NON QUEDE FÓRA DOS FONDOS PAC

Agarda da Xunta una postura firme na vindeira Conferencia Sectorial

Santiago, 28 de xuño de 2016.- O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, trasladaralle mañá a conselleira do Medio Rural Ánxeles Vázquez a importancia de que as rexións gandeiras e especial Galicia, sigan dispoñendo de axudas vinculadas aos fondos da PAC que teñan como destino o sector lácteo.

Desde o sindicato agárdase que a próxima reunión da Conferencia sectorial de Agricultura o vindeiro 30 de xuño no Ministerio, non sirva para sacar fondos do sector lácteo para axudar a outros ámbitos de produción agraria como o olivar de alta pendente, porque sendo recoñecido as dificultades que atravesan eses produtores de montaña e zonas desfavorecidas, como tamén as explotacións de gando de carne en Lugo ou Ourense, non se pode resolver a súa crise a costa de agravar a descapitalización grave que sufre a gandería de leite en Galicia.

Para o sindicato a prioridade por acadar maior financiamento levando ao tope do 15% a porcentaxe que España dedica as axudas acopladas, que na actualidade está só no 12% e por outro aplicar un recorte do 100% a partir dos 150.000 euros de percepción de pago básico, como xa se aplica noutros Estados Membros e tal como establece o regulamento comunitario.

Desde un punto de vista práctico, isto supón aplicar un teito máximo aproximado de 250.000 euros de axudas directas -pago básico, verde e asociadas-. Así, explican, obteríanse fondos para destinalos alí onde máis se necesitan. Na práctica a opción de UUAA significa recortar as axudas aos beneficiarios máis ricos e aumentalas aos medianos e pequenos que é o espírito co que se deseñaron as axudas asociadas.

Finalmente a organización agraria pide ao Goberno en funcións e a Xunta de Galicia, que xa que comparten a mesma formación política, que non traten de meter ao produtores de distintas zonas do Estado nunha guerra de pobres porque son as administracións as encargadas de buscar solucións e financiamento para as mesmas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web