Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA VE RIDÍCULO AUTORIZAR NOVAS PLANTACIÓNS CANDO NON HAI PREZO NIN CONTRATOS PARA AS EXISTENTES

O sindicato reclama unha vez mais a convocatoria da Mesa do Viño

Santiago, 2 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias logo de coñecer no día de onte a autorización de novas plantacións de viñedo por parte da Xunta de Galicia, pon o acento en que neste momento as hectáreas que xa están en produción, continúan aínda sen prezo e sen contrato.

Para a organización agraria resulta case ridículo que se incremente a produción con 73.4 hectáreas de vides sen nin sequera convocar a Mesa do Viño para impulsar dunha maneira definitiva a contractualización das uvas segundo os parámetros que marca a Lei da Cadea Alimentaria.

Neste sentido, UUAA reclama que a Consellería do Medio Rural actúe contra das adegas que se están a negar a sentarse a negociar un prezo para a produción cando xa está moi próxima a vendima. Isto representa unha actitude insostible para os viticultores que ven como un ano mais van sufrir a imposición e a indefensión deter que vender as uvas a prezo de miseria se queren poder entregar a colleita.

A Xunta de Galicia non se pode esconder diante desta realidade e ten que activar, por medio da convocatoria de todo o sector, unha negociación real entre adegas e viticultores polo ben e a estabilidade de todas as Denominacións de Orixe existentes en Galicia. É preciso que o Goberno deixe de dar subvencións ás adegas que non asinen os contratos, así como que tampouco lles dean axudas para reestructuración do viñedo porque se non precisan comprar uva, será que non precisan máis viñedo.

Finalmente o sindicato pon de manifesto que nesta colleita debido a forte incidencia da praga do mildeu o volume de recollida vai ser sensiblemente menor polo que resulta evidente que as cotizacións da uva deberá rexistrar unha mellora respecto doutros anos, polo que pide responsabilidade as adegas diante dos retos que ten o sector vitivinícola galego. 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web