Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A XUNTA QUE AS AXUDAS AOS VITICULTORES POLO GRANIZO SE EXTENDAN TAMEN AOS DANOS DO MILDEU

Moitas explotacións non puideron pagar un seguro por falta de ingresos

Santiago, 17 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias vai pedir que a Consellería do Medio Rural contemple a disposición dunha partida de axuda de mínimis para aquelas explotacións vitivinícolas con perdas superiores ao 30% na colleita, xa sexan por afectacións derivadas das inclemencias metereolóxicas, como as que tiveron lugar na no concello de Sober, como os danos vinculados a praga do mildeu que está a provocar fortes caídas na produción mas cinco denominacións de orixe galegas.

Neste sentido, desde a organización agraria ponse de manifesto que debido a caída na rendibilidade nas explotacións polo prezo que se percibe polas uvas e os recortes do ministerio de Agricultura nos fondos de Enesa, moitos produtores non puideron contratar seguros agrarios. Esta situación vai a comprometer gravemente a supervivencia económica dunha parte grande dos viticultores afectos. Desde UUAA pídese para estas explotacións a condonación das cotas da Seguridade Social durante os meses necesarios para equilibrar minimamente as contas.

UUAA leva reclamando meses de Medio Rural a convocatoria da Mesa do Viño para fixar unha folla de ruta para o sector vitivinícola de Galicia e unha negociación seria do prezo da uva, de cara á próxima vendima porque ao ser un produto perecedoiro, esperar á vendima é meter presión aos viticultores, que acabarán por aceptar ou prezo que queiran as adegas para poder vender.

O sindicato fai fincapé en que os contratos homologados son fundamentais xa que son a peza fundamental dunha Lei da Cadea Alimentaria que debe garantir que o prezo da uva sexa negociado, non imposto. Do mesmo xeito, Unións Agrarias pide que a Xunta deixe de dar subvencións ás bodegas que non asinen os contratos, así como que tampouco lles dean axudas para reestruturación do viñedo porque se non precisan comprar uva, será que non precisan máis viñedo.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web