Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DEFENDE DAR AXUDAS AO OLIVAR DE MONTAÑA

Pide limitar a 150.000 Euros o pago básico para ampliar a base de perceptores e os sectores produtivos a cubrir

Santiago, 29 de xuño de 2016.- O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, trasladoulle esta mañá a conselleira do Medio Rural Ánxeles Vázquez que non ten ningunha lóxica, mais alá do que parece unha confrontación partidista, crear unha guerra entre sectores en crise entre Galicia e Andalucía cando son as administracións as que deben instrumentar medidas para mellorar o rendemento das axudas e os seu traslado efectivo as producións con problemas.

Neste sentido, e a diferenza do exposto polas outras organizacións agrarias e cooperativas presentes na reunión, Roberto García manifestou o seu apoio  a que se dean axudas ao olivar de montaña, porque o non facelo ademais de insolidario e equivocado, supón unha contradición co que desde Galicia se defende para caso dos incentivos para o gando de carne e leite de explotacións situadas en zonas desfavorecidas ou de montaña de Lugo ou Ourense.   

Para o sindicato é imprescindible para acadar unha maior eficiencia no gasto das axudas limitando a un máximo por axuda e preceptor de pago básico 150.000 euros. Con este plan limitaríase o desembolso a aquelas explotacións sobre financiadas e co remanente poderíase ampliar o abano de produtores amparados polos fondos. E do mesmo xeito pídese elevar o tope ao 15% a porcentaxe que España dedica as axudas acopladas, que na actualidade está só no 12%.

Desde un punto de vista práctico, isto supón aplicar un teito máximo aproximado de 250.000 euros de axudas directas -pago básico, verde e asociadas-. Así, explican, obteríanse fondos para destinalos alí onde máis se necesitan. Na práctica a opción de UUAA significa recortar as axudas aos beneficiarios máis ricos e aumentalas aos medianos e pequenos que é o espírito co que se deseñaron as axudas asociadas.

Finalmente a organización agraria pide ao Goberno en funcións e a Xunta de Galicia, que xa que comparten a mesma formación política, que non traten de meter ao produtores de distintas zonas do Estado nunha guerra de pobres porque son as administracións as encargadas de buscar solucións e financiamento para as mesmas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web