Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA RECLAMA O FIN DO DESGOBERNO NO CRDO RIBEIRO

O sindicato non entende tanta frivolidade diante da inminente vendima

Ribadavía, 25 de ago. de 16.- Unións Agrarias reclama da consellería de Medio Rural un exercicio de responsabilidade diante da situación de desgoberno na que se atopa atrapado o Consello Regulador Ribeiro, desde a anunciada dimisión “con freo e marcha atrás” do seu presidente Felicísimo Pereira.

O sindicato pide que se clarifique quén está ao mando na denominación de orixe e se explique a “presidencia por horas” na que parece querer instalarse agora o dirixente do órgano regulador, logo de ter convocado por escrito ao pleno para trasladarlle a súa dimisión. No punto 5º da citada circular podíase ler “Candidaturas y aprobación del relevo del Presidente del CRDO Ribeiro”, ditado que a hora de ser abordado foi retirado da orde do día e non puido ser votado, o que denota unha baixa calidade democrática no modelo de funcionamento do CRDO.

Para UUAA a D.O. está ante un exercicio de frivolidade grave posto que a vendima está xa moi preto e vai ser preciso fixar un rumbo moi certeiro para sacar adiante unha colleita ameazada pola seca, o mildeu e sobre todo o incumprimento masivo da Lei da Cadea por parte das adegas que teñen aínda de hoxe a grande parte da uva sen prezo.

A Xunta de Galicia debe resolver canto antes a situación de inseguridade xurídica na que se atopa o órgano de representación sectorial da viticultura ourensá e non manterse de perfil porque suporía unha irresponsable politización do mesmo e alonxaríao do que debe ser o funcionamento do instrumento de control e promoción da D.O Ribeiro.

Voceiro: Xosé Ramón González, secretario de Agricultura de UUAA, Tel 636 489 512   

 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web