Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA VE POSITIVAS AS AXUDAS AOS DANOS DO GRANIZO E PIDE QUE SE EXTENDAN TAMEN AOS DO MILDEU E A SECA

As perdas na Ribeira Sacra van mais alá da subzona de Amandi

Chantada, 26 de agosto de 2016.- O sindicato Unións Agrarias valora moi positivamente a aportación de medio millón de euros para cubrir os graves danos que provocou o a saraiba nos viñedos da subzona de Amandi tanto pola rapidez na disposición de fondos como pola a importancia da aportación das axudas.

Neste sentido, o sindicato vai pedir que a Consellería do Medio Rural contemple a disposición dunha partida de axuda de mínimis para aquelas explotacións vitivinícolas con perdas superiores ao 30% na colleita, xa sexan por afectacións derivadas das inclemencias metereolóxicas, como as que tiveron lugar na no concello de Sober, como os danos vinculados a seca que está queimando os recursos forraxeiros das granxas de leite como os derivados da praga do mildeu que está a provocar fortes caídas na produción mas cinco denominacións de orixe galegas.

Desde a organización agraria ponse de manifesto que debido a caída na rendibilidade nas explotacións polo prezo que se percibe polas uvas ou o leite e os recortes do ministerio de Agricultura nos fondos de Enesa, moitos produtores non puideron contratar seguros agrarios. Esta situación vai a comprometer gravemente a supervivencia económica dunha parte grande dos produtores afectados. Desde UUAA pídese para estas explotacións a condonación das cotas da Seguridade Social durante os meses necesarios para equilibrar minimamente as contas.

UUAA leva reclamando meses de Medio Rural a convocatoria da Mesa do Viño para fixar unha folla de ruta para o sector vitivinícola de Galicia e unha negociación seria do prezo da uva, de cara á próxima vendima porque ao ser un produto perecedoiro, esperar á vendima é meter presión aos viticultores, que acabarán por aceptar ou prezo que queiran as adegas para poder vender.

O sindicato fai fincapé en que os contratos homologados son fundamentais xa que son a peza fundamental dunha Lei da Cadea Alimentaria que debe garantir que o prezo da uva sexa negociado, non imposto. Do mesmo xeito, Unións Agrarias pide que a Xunta deixe de dar subvencións ás bodegas que non asinen os contratos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web