Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A XUNTA QUE IMPULSAR OS CONTRATOS NO VIÑO

O sindicato terá unha reunión en Medio Rural ante a inminente vendima

Santiago, 31 de agosto de 2016.- O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García manterá mañá unha reunión coa directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo, para trasladarlle a necesidade de que Xunta de Galicia se implique no impulso a contratualización da compra da uva en Galicia tal como fixa a Lei da Cadea Alimentaria.

Para o sindicato a inminente vendima vai a traer graves problemas de prezo nas cinco denominacións de orixe galegas dada a resistencia das adegas asinar contratos a longo prazo e nos que se fixe un prezo por negociación e non por imposición tal como está a suceder na agora.

A organización agraria vai a solicitar a Xunta que se realicen auditorías de volume de produción nas explotacións previos a ser colleitadas as uvas para evitar que nun ano no que se prevé unha caída media dun 20% de produción, haxa tentacións por parte das adegas de meter nas cubas uva foránea para manter baixos os prezo pagados aos viticultores.Do mesmo xeito, UUAA vai a pedir a Consellería do Medio Rural contemple a disposición dunha partida de axuda de mínimis para aquelas explotacións vitivinícolas con perdas superiores ao 30% na colleita, xa sexan por afectacións derivadas das inclemencias metereolóxicas, como as que tiveron lugar na subzona de Amandi, no concello de Sober, como os danos vinculados a seca ou os derivados da praga do mildeu.

Desde a organización agraria ponse de manifesto que debido a caída na rendibilidade nas explotacións polo prezo que se percibe polas uvas e os recortes do ministerio de Agricultura nos fondos de Enesa, moitos produtores non puideron contratar seguros agrarios. Esta situación vai a comprometer gravemente a supervivencia económica dunha parte grande dos produtores afectados. Desde UUAA pídese para estas explotacións a condonación das cotas da Seguridade Social durante os meses necesarios para equilibrar minimamente as contas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web