Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

DESCONTROL E FALTA DE XESTIÓN RACIONAL DOS DANOS DO XABARIL

A tardía posta en marcha de axudas aumenta a incerteza nos rural galego

Santiago, 18 de xullo de 2016.- Unións Agrarias denuncia o forte malestar social na presente campaña de cultivos ante os danos do xabaril, ante unha situación que precisa dunha resposta seria, articulada e urxente por parte da Xunta de Galicia.

As poboacións de xabarís son moi dinámicas e basta afrouxar un pouco na xestión e no esforzo de caza para que se dupliquen nunha temporada, causando danos na agricultura que é preciso xestionar, pois a día de hoxe as perdas xa constitúen un problema social no rural, que está a inhibir a posta en produción de miles de hectáreas de millo, forraxe e horta familiar que xa nin sequera se plantan, ao que hai que sumar os danos sobre as superficies en produción, sen que se estea a abordar un problema desta gravidade dun xeito serio, senón esperando a que pase o período máis crítico dos danos e que amaine o malestar social.

A sementeira de millo estivo practicamente indefensa, posto que os distintos Servizos Provinciais se escudaron nunha interpretación de mínimos do protocolo de actuación pactado, e apenas concederon esperas e batidas ante a aparición de danos de mandas de xabarís sobre os campos acabados de sementar nas zonas produtoras de Galicia. A iso hai que engadir que moitos TECORES e Sociedades de Caza, tampouco se tomaron en serio as súas responsabilidades. Moitas veces incluso se negan a facer ou rexeitan as esperas por consideralas perigosas, por non ter cazadores capaces de executalas, ou simplemente buscaron escusas para non intervir de xeito responsable na solución dun problema causado por un número de xabarís que é incompatible co exercicio dunha agricultura familiar competitiva e rendible.

A posta en marcha tardía a semana pasada dunha liña de axudas de pago dos danos (eliminada arbitrariamente e sen consenso polo Goberno da Xunta no ano 2009), cando xa os danos da sementeira do millo neste ano xa están producidos, e que non vai atender aos danos xustificados e documentados desta campaña anteriores ao 15 de xullo e outro pau de cego máis nunha deriva da Consellería de Medio Ambiente que se amosa incapaz de coordinar cos seus Servizos Provinciais, os TECOR e as organizacións de agricultores e gandeiros, unha estratexia seria para o control deste problema.

Unións Agrarias insiste na necesidade de controlar as poboacións de xabaril durante a temporada de caza, esixindo de cada TECOR a asignación e cumprimento dun cupo real de animais que estabilice as mandas de xabarís nas zonas de responsabilidade de cada TECOR, complementadas con intervencións decididas de control de danos durante a época de veda, que coincide cos períodos máis sensibles dos principais cultivos agrarios do noso país, como o millo forraxeiro.

Para o cal cambios legais na Lei de Caza de Galicia na forma de autorización e de facer as esperas é unha reforma fundamental, pois non son unha actividade de caza deportiva senón de actuacións técnicas de control de danos, e como tal deben de estar previstas na lexislación, de forma que se poidan facer de forma segura para os cazadores e eficaz na prevención de danos.

Por último é preciso unha liña de axudas realista, pactada co sector, e dentro do normal funcionamento  do Fondo de Corresponsabilidade establecido na Lei de Caza de Galicia, e que leva xa tres anos de retraso na súa posta en marcha.Ata entón o sector produtivo se seguirá a sentir ninguneado e vacilado por unha Administración experta en dar paus de cego, facer que se fai, pero que non resolve os problemas do día a día no rural de Galicia e non escoita nin consulta a quen poden facer aportacións e suxerencias que enfoquen as medidas e lles dean o rigor e eficacia que se espera no campo galego dende hai xa demasiados anos.

Voceiro para este asunto: Xacobo Feijoo, responsable da área de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web