Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PREPARA UN PLAN DE INFORMACIÓN CO ISSGA PARA LOITAR CONTRA DOS ACCIDENTES DE TRABALLO NO RURAL

Preocupa a idade avanzada de moitos dos produtores con sinistros

O incremento de accidentes de traballo nas explotacións agrarias e gandeiras que se ven rexistrando nos últimos meses está a xerar unha profunda preocupación entre os produtores de Galicia. Para dar resposta a esta inquietude o secretario de Administración e Área Interna, Javier López e Adela Quinzá, directora do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), celebraron esta mañá unha reunión para sentar as bases dun plan de información ao rural sobre a necesidade de aplicar tódalas normas de protección a hora de afrontar as labores nas granxas ou nas parcelas. Previo ao compromiso do traballo en  común,  fíxose balanzo da realidade relativa o PRL que se vive nas explotacións. 

Este ano 2016 está resultando especialmente negro pola cantidade de accidentes sobre a seguridade e integridade das persoas que traballan en actividades relacionadas co sector primario. Destaca pola súa gravidade os relacionados con tractores e máquinas arrastradas, nos que se multiplica o risco ao sumar condutores de avanzada idade e vehículos con moitos anos de servizo, sen o mantemento adecuado e con poucas medidas de seguridade pasiva. No caso das ferramentas de man, o índice de maior incidencia de accidentes dáse curiosamente no venres, día en que os usuarios que usan motoserras ou desbrozadoras, proceden doutros sectores de actividade e non dominan as características e perigo das citadas máquinas. A aplicación de tratamentos químicos na agricultura ou os traballos en adegas supoñen tamén puntos negros nos rexistros de sinistros. Asemade o mundo dos traballos forestais aporta un gran número de vítimas a estatísticas.   

Unións Agrarias porá a súa rede de oficinas a disposición do ISSG para instalar puntos de información sobre seguridade e habilitará aulas de formación para que se poida reforzar o coñecemento das habilidades e instrumental para ganar en protección a hora de afrontar traballos no campo ou na granxa.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web