Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

AICA INVESTIGA 2.000 CONTRATOS TRAS A DENUNCIA DE UUAA

Máis de 3.000 explotacións están sendo obrigadas e vender a perdas

Santiago, 17 de xullo de 2016.- Mais de 2.000 contratos lácteos serán revisados pola AICA en Galicia tras a denuncia feita pública por UUAA hai un par de semanas. Desde esa data as explotacións que estaban cobrando o leite por debaixo de 24 cts están a recibir comunicacións do organismo dependente do Ministerio de Agricultura para reclamar diversa información sobre a situación contractual establecida coa empresa coa que lle recolle o leite.

Aspectos como a duración do contrato ou a posibilidade de optar a outras ofertas están presentes nas citación que reciben os gandeiros. Tamén se require información sobre as ameazas aos gandeiros de recoller o leite ou ben das modificacións unilaterais das condicións do contrato de aprovisionamento.

UUAA aposta polo control aos primeiros compradores que usan industrias para tirar os prezos, a trazabilidade da produción do leite e a vixilancia de que o leite que se paga a 18 cts e que se retira do mercado con destino a po non acabe de novo, líquida o sólida, á venda en el supermercado.

Ultimo aviso a Lacatalis

No día de onte representantes de Unións Agrarias mantiveron un encontro co cadro directivo da marca francesa Lactalis para trasladarlles que están realizando unha apropiación indebida sobre as rendas dos gandeiros ao non reverter na liquidación do leite os 2 cts acordados coa distribución logo das mobilizacións do pasado mes de decembro.

Na actualidade en Galicia hai mais de 600 explotacións afectadas por esta actitude de todo modo irresponsable e inxusta que xa leva detraído das contas das granxas mais de 1 millón de euros.

Para Unións Agrarias o tempo das negociacións remata o vindeiro día 21 coincidindo coa convocatoria da mesa de seguimento do acordo lácteo, de non haber rectificación de Lactalis, iniciaráse unha campaña de para sinalar da marca e dos produtos da marca francesa nos centros comercias.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web