Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE MAIOR CONTROL AO FRAUDE NO LEITE EN PO

Expira o prazo a Lactalis para devolver os cartos retidos das granxas

Santiago 20 de xullo de 2016.- O sindicato Unións Agrarias esixe a aplicación dun estrito seguimento na trazabilidade da comercialización do leite en po para evitar que a produción que se merca en orixe a baixo prezo con destino as torres de secado, non acabe de novo no mercado do leite líquido co conseguinte fraude sobre os gandeiros e os consumidores. 

Esta será unha das reclamacións que poñerá sobre a mesa da reunión de mañá en Madrid da Comisión de seguimento do Acordo Lácteo. Do mesmo xeito, tamén se incidirá na necesidade na necesidade de dotar de transparencia e eficacia ao concepto de Produto Lácteo Sostibel (PLS), poñendo como paso previo a identificación da orixe do leite e dos produtos lácteos, mediante un procedemento sinxelo. Identificarase o leite procedente de vacas españolas e os produtos lácteos que leven más de un 50% de leche con tal procedencia mediante un método que utilice o concepto de bandeira de España.

Previo a reunión no Ministerio e cumprindo co anunciado a semana pasada, Unións Agrarias espera que Lactalis devolva as rendas dos gandeiros que foron retidas de xeito ilegal desde que botou a andar o acordo entre produtores e distribución de suba de 2 cts/l liquidables a través das facturas das granxas as industrias. Tamén se exise, senón a organización agraria denunciará o caso diante da AICA, rescisión inmediata dos modelo fraudulentos de indexación que usa a marca de capital francés para fixar o prezo nas explotacións e así mesmo se devolva as cantidades retidas por este mecanismo.

Finalmente, UUAA recomendalle a Lactalis que deixe de perder o tempo trasladando ameazas a través de burofax ao sindicato en empece a traballar dun xeito leal e legal cos gandeiros galegos, porque o único certo é que neste momento Lactalis dispón nas súas contas bancarias de mais de 1 millón de euros que lles entregaron Carrefour e Día para trasladados as granxas e aínda no o fixo.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web