Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

NOVO ATAQUE DE LOBO EN CERVANTES ESCASOS 100 METROS DAS VIVENDAS, SETE ANIMAIS O LONGO DESTE ANO NO MESMO POBO

Lugo, 1 de Decembro de 2016.- As explotacións do Lugar de Moreira, na parroquia de Donis, concello de Cervantes, veñen de sufrir o sétimo ataque do lobo o longo deste ano, esta vez a escasos 100 metros das casas.

Neste pobo hai seis explotacións que aproveitan os pastos comunais durante a maior parte do ano co seu gando,cos rabaños do gando sempre hai mastíns e aínda así no que vai de 2016 xa sufriron sete ataques do lobo coa perda de cinco xatos e 2 feridos.

Este último ataque produciuse a escasos 100 metros das vivendas do pobo e acabou coa perda dun xato de unha das explotacións, a pesar de que habÍa un rabaño de unhas 30 nais e dous cas mastín no mesmo lugar.

É obvio que existe nas inmediacións do Lugar de Moreira unha manda de lobos moi habituada a alimentarse de gando doméstico e a actuar sen importarlle a presenza humana. Isto esixe unha resposta axeitada por parte da Consellería de Medio Ambiente, quen debería de activar un protocolo de identificación da manda responsable, a súa ubicación, e articular medidas de control que supoñan a caza dos exemplares máis conflitivos.

E de destacar, que inda que agora falamos deste pobo en concreto, en toda a Parroquia de Donis e en case todo concello de Cervantes e Navia de Suarna se rexistran ataques identificados e incluso animais desaparecidos dos cales non se atopan restos.

UUAA lembra que é indispensable a axilidade da Consellería do Medio Ambiente no pago das indemnizacións aos gandeiros afectados, que non deberían de pasar do prazo de tres meses entre o ataque e o cobro da axuda, así como dispor dun censo actualizado e verídico das mandas de lobo existentes na comarca de Ancares, xa que a presenza do mesmo estendese a todos os concello da comarca aínda que nos se detecten ataques o gando polo de agora, e poña en marcha medidas de control dos censos como se fan en outras Comunidades Autónomas

VOCEIRO: Iván Raposo; Secretario de Organización para a comarca de Ancares (626731041)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web