Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA VE ARRISCADO INCREMENTAR NOVAS PLANTACIÓNS DE VIÑEDO

Lembra que o modelo produtivo vitivinícola de Galicia é específico e sensible

Santiago 14 de decembro de 2016.- Unións Agrarias ve arriscado e innecesario a proposta de autorizacións de novas plantacións de viñedo en Galicia, que segundo se desprende do anunciado polo Ministerio de Agricultura, na súa proposta inicial, pode andar no 1% para este ano.

A organización agraria lembra que Galicia ten un modelo produtivo moi específico que permite acadar o estándares de calidade altos grazas ao traballo dunha base ampla de pequenas explotacións. Este xeito de facer pode caer no momento en que se permita entrar a industria a ocupar moitas hectáreas co único obxectivo de condicionar aínda mais os prezos da uva a baixa.

Para UUAA non ten sentido de falar de incorporar mais terra, salvo no caso de incorporación de mozos, cando desde as adegas e algúns consellos reguladores se afirma que teñen problemas para dar saída a comercialización do viño. Se isto é real, e non unha escusa para buscar o abaratamento da uva, no ten sentido abrir mais terra a rendemento.

Unións pide prudencia ao Ministerio coa porcentaxe de novas plantacións para este ano. Hai que recordar que en 2016 España estará nunha produción próxima a 42 millóns de hectolitros a nivel nacional logo de tres anos de seca, unido ao último verán no cal o viñedo viu mermada a súa produción polas altas temperaturas. Así, en condicións normais o potencial de produción de España podería xerar problemas de mercado.

Por outra banda, é máis que importante traballar sobre os criterios de admisibilidade ou elexibilidade e prioridade na adxudicación destas novas autorizacións, posto que o primeiro ano comprobáronse algúns movementos especulativos de solicitude de plantacións de persoas que non pertencen ao sector. Neste sentido, a organización agraria ve necesaria a posta en marcha dun órgano de control que ordene a produción dos distintos consellos reguladores para evitar desaxustes no uso dos dereitos.

UUAA ve necesaria unha reorientación da normativa a nivel nacional que priorice a pequenas e medianas explotacións para mellorar a súa dimensión e viabilidade. É prioritario que as novas plantacións recaian en agricultores profesionais así como en mozas agricultores con capacitación suficiente.

Xosé Ramón González, secretario de Agricultura de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web