Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA O NOVO INTENTO DE CHANTAXE DE LACTALIS

A empresa francesa quere atar aos gandeiros con contratos ilegais e subas de 1 cént.

Santiago 11 de xaneiro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias anuncia unha nova batería de resposta social e xudicial contra da empresa francesa Lactalis logo coñecer o modelo de contrato que esta está a trasladar ás explotacións. No documento que lles presenta aos gandeiros propón subas de 1 céntimo ata o mes de maio para despois volver ao sistema de “autoindexación” que xa foi posto no seu día en mans da fiscalía do xulgado de Mondoñedo por parte de UUAA, dado a súa flagrante ilegalidade e ante a Axencia de información e control alimentarios, (AICA).

Esta nova volta de torca por parte de Lactalis denota unha total falta de respecto pola acción da xustiza, dado que pretende volver a usar unha fórmula de cálculo do prezo do leite que está sendo analizado polos órganos xudiciais por posible fraude e tamén investigada pola AICA -órgano dependente do Ministerio de Agricultura –ante a que foi presentada a primeira denuncia do sindicato. Neste sentido, desde UUAA espera unha rápida reacción deste organismo contra Lactalis posto que se non o fixera, sería unha incomprensible deixación de función por parte da AICA.

A organización agraria cualifica, ademais de miserable a suba proposta por parte de Lactalis de 1 céntimo co sitúa o prezo base a recibir polos produtores en 28 céntimos, nun momento no que o mercado internacional de leite está en clara recuperación de prezos. O prezo proposto por Lacalis supón condenar ao peche a totalidade das explotacións as que lles recolle o leite xa que os custos de produción para non vender a perdas fixados polo Ministerio de Agricultura son de entre 33 e 34 céntimos, aínda que se considera que deben ser de máis de 36 céntimos para chegar ao salario mínimo interprofesional.

UUAA agarda que tanto o Ministerio de Agricultura como a Consellería do Medio Rural tomen nota desta realidade e que habiliten solucións antes de que situación xa sexa irrecuperable, do contrario serán cómplices da ruína de moitas familias gandeiras.

VOCEIRO PARA ESTE TEMA: OSCAR POSE, RESPOSABLE DE SERVIZOS DE UUAA, TEL 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web