Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

A XUNTA ESQUÉCESE DAS PARTIDAS DE AXUDAS PARA DANOS DO XABARIL

O Proxecto de Orzamento previstos para 2017 só contempla fondos para o lobo

Santiago, 23 de decembro de 2016.- Unións Agrarias ven de constatar que os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente para o ano 2017, no concepto de “indemnización por danos de especies cinexéticas” se limitan a 379.958 euros, repetindo na páctica a cantidade do ano pasado, que é suficiente únicamente para facer fronte aos danos polo lobo na cabana gandeira, pero non para os danos causados no agro polo xabaríl.

Hai que ter en conta que en xuño de 2016, a Xunta puxo en marcha unha partida extraordinaria de 650.000 euros, para facer fronte aos danos do xabaril, tendo reservados 400.000 euros para o pago de danos e 250.000 para medidas preventivas. Estes cartos proviñan dunha partida extraordinaria do Goberno Central, ao ter cumprido a Xunta cos obxectivos de déficit. Estas axudas non estiveron exentas de polémicas, xa que se puxeron en marcha en xullo, cando os danos na sementeira do millo xa estaban producidos, e remataron en outubro, antes de poder cubrir o groso dos danos na campaña da castaña.

Foi o primeiro esforzo da Xunta en cubrir os danos na agricultura producidos polo xabaríl, dende o ano 2009, última campaña na que houbo axudas oficiais para os estragos causados polas mandas do xabaril nas economías das familias, e profesionais do agro galego. Daquela Unións Agrarias advertiu que parecía unha acción aíllada, froito dun ano electoral, máis que unha aposta da Xunta de Galicia con vocación de continuidade no tempo, de contribuír a aliviar as perdas no rural galego, xa que os danos do xabaril, o desánimo que causan, e a indefensión dos que os padecen, son xa un problema social de primeiro orde no noso agro, que non permite que as autoridades o sigan mirando de perfil ano tras ano.

É preciso que a Xunta aposte no 2107 pola continuidade das axudas para os pagos dos danos do xabaril, e inicie a chamada “Lexislatura do Rural”, cun novo enfoque no que atinxe á xestión do problema do xabaril no rural galego. Nesta lexislatura débese de convocar xa no inicio do ano aos distintos actores involucrados (Administración de Caza e Medio Ambiente, cazadores, agricultores e gandeiros) para fixar unhas novas normas que permitan xestionar axeitadamente as poboacións do xabaril para que non haxa máis animais dos que o medio natural pode manter en caza zona, para poderse actuar con seguridade e eficacia nos momentos críticos como na sementeira do millo en plena veda de caza, e para que se modifiquen as normas para a realización de esperas por danos, de xeito que este tipo de caza non sexa unha modalidade deportiva senón actuacións técnicas de control, e se podan utilizar focos ou miras nocturnas que dean eficacia e eviten accidentes entre os cazadores. E por último considerar a eliminación dos vedados de caza maior, xa que a diferencia do caso da caza menor, non se xustifican para unha especie prolífica e invasora como é o xabaril no rural galego, e son un estorbo para a súa axeitada xestión.

É xa inexcusable para a Xunta afrontar cambios legais na Lei de Caza de Galicia, facendo as reformas precisas que permitan a convivencia do xabaril cos cultivos a definitiva posta en marcha do Fondo de Corresponsabilidade para o pago de danos. E en todo caso, calquera xestión de danos comeza por un cambio radical na sensibilidade dos responsables de Medio Ambiente, que teñen que poñer os dereitos das persoas diante dos de calquera animal salvaxe. E comezar igualmente polo pago íntegro dos danos e estragos aos afectados, o que sería tamén un incentivo para a propia Xunta de Galicia, pois a forma que tería de aforrar cartos públicos sería tomándose en serio dunha vez o problema, afrontando as reformas legais precisas para gañar en eficacia, e tomándose en serio dunha vez a colaboración esponsable dos cazadores, outra das materias pendentes.

Voceiro para este asunto: Xacobo Feijoo, responsable da área de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web