Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O PROXECTO RESFARM PRETENDE ACHEGAR AS ENERXÍAS LIMPAS AO MEDIO RURAL

Presentada a plataforma para a sustentabilidade dos investimentos en enerxías limpas

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017.- Unións Agrarias ven de presentar esta mañá a Plataforma RESFARM para a sustentabilidade dos investimentos nas enerxías limpas, que ten como finalidade presentar as propostas do Grupo de Traballo deste proxecto europeo, así como recoller iniciativas e ideas cidadáns para a remover os obstáculos que están a impedir a implantación das enerxías renovables no rural de España, e podelas trasladar directamente tanto as entidades que deseñan o futuro da enerxía na Unión Europea, como ás diferentes Administracións españolas con competencias na materia.

A xeración de enerxías limpas nas explotacións agrarias pode ser un medio de aforro de custes que aumenten a súa competitividade, unha forma de obter ingresos complementarios dos da agricultura e gandería, e unha forma de reducir a súa pegada de carbono e aumentar a súa sustentabilidade.

Para elo ten que existir un entorno legal e de investimento que o faga atractivo e posible, tanto para os titulares das explotacións como para os inversores. A día de hoxe a inexistencia da posibilidade do balance neto (conexión de placas solares á rede onde se cobre pola electricidade vertida á rede, e as eléctricas cobren pola consumida da rede), a imposibilidade de comercializar a enerxía producida, e a penalización do autoconsumo e a inseguridade xurídica, son lastres que impiden que os agricultores e gandeiros de España incorporen esta oportunidade de negocio e mellorar as súas rendas, así como de aumentar a súa sustentabilidade e descarbonación do seu consumo enerxético.

Ademais de propoñer cambios na lexislación do sector eléctrico español, se pretende que os futuros Regulamentos europeos de Desenvolvemento Rural de aplicación do FEADER, e os de aplicación dos pagos directos do FEAGA, teñan en conta a pegada de carbono das explotacións para o cálculo da redución das emisións de CO2 das explotacións, e puntúen positivamente para acceder a pagos directos e ao cumprimento dos obxectivos do verdeo, ou greening, da PAC. Isto suporía un incentivo e un pulo importante para a posta en marcha e o despegue das enerxías renovables nas explotacións. Iniciativa que se fará chegar á Comisión europea para a súa toma en consideración nas próximas reformas dos Regulamentos europeos citados.

Ademais o impulso das enerxías renovables dende o sector agrogandeiro, permitiría avanzar no cumprimento dos obxectivos da Comisión Europea marcados para España para o ano 2030, que fixan un nivel mínimo de enerxía renovable no mix enerxético de cada país do 27%, cando a día de hoxe apenas se chega ao 15,6% no caso de España. Igualmente axudaría a reducir as importacións de combustibles e a reducir a factura da luz, xa que a propia Comisión Europea nun recente informe recoñeceu que cada 1% de aumento de instalación de renovables no mix eléctrico dun Estado Membro da UE, rebaixa o custe da luz en 0,4 euros por MWh, así como que cada punto de subida dos carburantes eleva o custe eléctrico entre 0,2 e 1,2 euros por MWh de enerxía eléctrica producida.

O proxecto RESFARM se está a desenvolver en España, Italia e Grecia, e pretende agregar proxectos de instalación de enerxías limpas nas explotacións agrarias destes tres países, para chegar de forma conxunta aos inversores nas mellores condicións para os agricultores, por exemplo mediante a emisión de bonos verdes. Asemade ten como obxectivo detectar puntos críticos para o despegue das enerxías limpas no rural destes tres países, e propoñer cambios e melloras no entorno legal e de investimento, finalidade na que pretende colaborar a posta en marcha desta plataforma.

RESFARM é un proxecto financiado dentro da convocatoria Horizon 2020 da Comisión Europea, Instrumento Financieiro que busca a mellora da competitividade global da economía da Unión a través da innovación.

Voceiro para este asunto: Jacobo Feijoo, Coordinador do Proxecto RESFARM (Tlf: 639630140)





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web