Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE AXUDAS INMEDIATA PARA PALIAR OS DANOS DO TEMPORAL

Miles de granxas están a esta hora sen poder muxir e cos tanques sen refrixerar

O sindicato cualifica de terceiromundista que a aínda non se teña restablecido o abastecemento eléctrico en moitas das comarcas leiteiras de Galicia. Gandeiros de concellos como Lugo, Guntín, Pol, Lalín, Silleda, Rodeiro...seguen a esta hora coas explotacións paralizadas, sen que desde Gas Natural Fenosa, Hidroeléctrica de Silleda ou Begasa dean máis explotacións ou solucións.

Santiago, 4 de febreiro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias reclama unha actuación inmediata da Xunta de Galicia para que inste ás compañías eléctricas a repoñer fluído eléctrico as granxas con carácter de urxencia dado que moitas delas levan 24 horas sen electricidade e polo tanto sen poder muxir as vacas, nin darlles de beber, nin refrixerar o leite o leite dos tanques. Nestes momentos só na provincia de Lugo hai máis de 1.800 explotación se electricidade.

Para a organización agraria é urxente que a Xunta de Galicia habilite unha liña inmediata de axuda para tratar de paliar algo os danos dos temporais que levan barrendo Galicia nas últimas 48 horas e que teñen un nivel altísimo de afectación nos equipamentos gandeiros e agrícolas. Desde UUAA agárdase a mesma efectividade a demostrada por Medio Rural cando o graínzo golpeou os viñedos de Sober e se habilitaron inmediatamente 500.000 euros para cubrir os danos.

Polos datos que están chegando ás oficinas de Unións Agrarias hai nestes intres danos xeneralizados nas cubertas das explotacións, que en moitas ocasión voaron por completo, e nas estruturas dos invernadoiros sobre todo na zonas das Rías Baixas onde tamén unha adega perdeu a totalidade do tellado. Na zona de Ourense son moitos os almacéns agrícolas que sufriron danos muros e nos pechamentos.

A organización agraria lembra que moitos dos produtores van afrontar esta calamidade climatolóxica sen a cobertura adecuada dun seguro por falta de recursos para poder contratalo. Os continuos recortes do Ministerio nas axudas a través de ENESA provocou a non renovación de pólizas de Agroseguro.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web