Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA EXISE A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA SANCIÓNS CONTRA AS ELÉCTRICAS POLO TOTAL ABANDONO DOS USUARIOS DO RURAL

Non descarta facer escraches diante de Gas Natural Fenosa se non dan subministro

Santiago, 6 de febreiro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias esixe á Consellería de Industria que actúe contra o abandono descarado e impresentable ao que están a someter aos habitantes do medio rural de Galicia. Despois de tres días moitas explotacións das provincias de Pontevedra, Coruña e sobre todo Lugo seguen se poder normalizar as súas actividades diarias pola ausencia de electricidade ou polo reiterados cortes no abastecemento.

Non cabe mais explicación para actitude das eléctricas que o desprezo para os usuarios que viven e traballan no rural galego, primeiro pola falta de mantemento que foron sufrindo as infraestruturas eléctricas non últimos anos, bastaba mirar a falta de limpeza de árbores nos pasos de liña que acabaron tirando co tendido. Ademais o sindicato lémbralle a Gas Natural Fenosa que as granxas teñen que pagarse do seu peto o tendido posto que están fora de núcleos urbanos, polo que deberían tratalos coa mesma prioridade que as naves do polígonos industriais, aos que si lles están a resolver os cortes.

UUAA vai a iniciar unha forte campaña de denuncia diante das sedes e oficinas das eléctricas, se no prazo das próximas horas a situación non mellora de xeito notable. De xeito paralelo, a organización agraria está documentando as perdas e gastos extraordinarios que os gandeiros están tendo que acometer, como o alugueiro de xeradores para poder atender nas granxas cousas tan básicas como muxir as vacas, nin darlles de beber, ou refrixerar o leite dos tanques de frío.

Para a organización agraria insiste en que é urxente que a Xunta de Galicia habilite unha liña inmediata de axuda para tratar de paliar algo os danos dos temporais que levan varrendo Galicia nas días e que teñen un nivel altísimo de afectación nos equipamentos gandeiros e agrícolas. Desde UUAA agárdase a mesma efectividade a demostrada por Medio Rural cando o graínzo golpeou os viñedos de Sober e se habilitaron inmediatamente 500.000 euros para cubrir os danos.

Polos datos que están chegando ás oficinas de Unións Agrarias hai nestes intres danos xeneralizados nas cubertas das explotacións, que en moitas ocasión voaron por completo, e nas estruturas dos invernadoiros sobre todo na zonas das Rías Baixas onde tamén unha adega perdeu a totalidade do tellado. Na zona de Ourense son moitos os almacéns agrícolas que sufriron danos muros e nos pechamentos.

A organización agraria lembra que moitos dos produtores van afrontar esta calamidade climatolóxica sen a cobertura adecuada dun seguro por falta de recursos para poder contratalo. Os continuos recortes do Ministerio nas axudas a través de ENESA provocou a non renovación de pólizas de Agroseguro.

O sindicato cualifica de terceiromundista que a aínda non se teña restablecido o abastecemento eléctrico en moitas das comarcas leiteiras de Galicia. Gandeiros de concellos como Lugo, Guntín, Pol, Lalín, Silleda, Rodeiro...seguen a esta hora coas explotacións paralizadas, sen que desde Gas Natural Fenosa, Hidroeléctrica de Silleda ou Begasa dean máis explotacións ou solucións.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web