Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

Unións Agrarias solicita información clara e un plan de axudas para os afectados pola couza guatemalteca

A praga da couza guatemalteca (Tecia solanivora) está a causar unha grande inquedanza no sector pataqueiro en Galicia

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017. O sindicato Unións Agrarias (UU. AA.) manifesta a súa fonda preocupación ante as contradicións e a falta de información que está chegando ao sector pataqueiro galego relativa aos casos de couza guatemalteca que están afectando a estas explotacións.

Ante esta situación, a organización agraria reclama inmediatamente información clara, veraz e profesional con relación á incidencia e á situación actual das explotacións afectadas. Ao longo das últimas semanas, desde os medios de comunicación trasladouse unha sensación de alarma que pode xerar problemas irreversibles no sector pola desconfianza dos consumidores.

Por outra banda, o sindicato pide á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia un plan de indemnizacións para os produtores afectados que inclúa unha partida presupostaria e un mecanismo de repartimento.

Finalmente, Unións Agrarias reclama a constitución dunha mesa de traballo sectorial na que estean presentes todos os actores que están a sufrir esta epidemia. Deste xeito, a Administración debería implicar a almacenistas, distribuidores, tendas de produtos fitosanitarios, organizacións agrarias, etc., xa que só así se poderá acometer dunha maneira ordenada un problema que comeza a ser moi preocupante para o sector agrícola galego.

Xosé Ramón González, secretario de Agricultura de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web