Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE PARA OS PATAQUEIROS UN PLAN DE AXUDAS POR LUCRO CESANTE E PERDAS PATRIMONIAIS

Advirte que Galicia se xoga a produción de 200 millóns de quilos de pataca

A organización agraria insiste en solicitar información clara e un censo de parcelas con afectación presente e as previstas en futuras cuarentenas. A praga da couza guatemalteca (Tecia solanivora) está a causar unha grande inquedanza no sector pataqueiro galego.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017. O sindicato Unións Agrarias (UU. AA.) manifesta a necesidade de que a Xunta de Galicia poña enriba da mesa un plan de axudas urxentes para o sector pataqueiro que se vai ver afectado por perdas por lucro cesante e patrimoniais derivadas da accións praga da couza guatemalteca.
A organización agraria lembra que Galicia se está xogando un volume de produción de preto de 200 millóns de quilos de pataca en toda a Comunidade, polo que pide proporcionalidade e acerto das medidas que se apliquen para combater este problema. Posto que tan malo resulta non cortar o problema, como xerar unha sensación de alarma que leve aos consumidores cara producións pataqueiras como a francesa tal como xa está ofertando algunha grande superficie de capital galego.
Desde o sindicato solicitase a realización inmediata dun censo de parcelas con afectación presente, que inclúa as terras previstas en futuras cuarentenas fitosanitarias.

Finalmente, Unións Agrarias volta a reclama a constitución dunha mesa de traballo sectorial na que estean presentes todos os actores que están a sufrir esta epidemia. Deste xeito, a Administración debería implicar a almacenistas, distribuidores, tendas de produtos fitosanitarios, organizacións agrarias, etc., xa que só así se poderá acometer dunha maneira ordenada un problema que comeza a ser moi preocupante para o sector agrícola galego.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web