Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE AVAIS PARA OS IMPAGOS DE PRIMEIROS COMPRADORES

Logo do anuncio de Ángeles Vázquez dunha norma autonómica de control

A organización agraria agarda que o anuncio feito hoxe pola Consellería do Medio Rural de lexislar a nivel autonómico para favorecer o control dos primeiros compradores se converta en realidade nos prazos propostos do mes de marzo e que sirva de freo aos constantes impagos aos gandeiros por parte dos “tratantes do leite“.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2017. O sindicato Unións Agrarias saúda o anuncio da conselleira do Medio Rural de redactar unha norma de rango autonómico de control dos primeiros compradores do sector lácteo se antes de finalizar o presente mes no se concreta unha similar por parte do Ministerio de Agricultura.

Para a organización agraria esta actuación resulta urxente dado o goteo constante de impagos aos gandeiros por parte dos chamados “tratantes do leite” que logo de deixar a centos de familias sen cobrar o leite, decláranse insolventes co que as posibilidades polo que as posibilidades do produtores de liquidar as débedas son nulas. Por este motivo UUAA agarda que no ordenamento previsto se recolla a necesidade de dispoñer de avais para poder comercializar o leite das granxas. Por outro lado debe de haber unha responsabilidade solidaria das industrias, naqueles casos nos que sexan clientes exclusivos ou superen unha porcentaxe do volume de negocio con ese primeiro comprador.

Do mesmo xeito o sindicato non entende que o Ministerio teña que agradar ao verán para poñer en marcha o decreto de identificación de orixe do leite cando noutros países como Francia, Portugal, Italia ou o Reino Unido xa está vixente sendo países excedentarios. Neste contexto agardase  que esta norma recolla nos so o leite en brick e inclúa os derivados lácteos porque os consumos destes produtos son moi destacados na cesta da compra dos consumidores.

Non caben triunfalismos cando nunha situación como a actual de mellora clara do mercado internacional de leite en po e manteiga (no último ano a manteiga revalorizouse un 50% e o leite en po un 25%), debería desencadear en unha suba importante no campo, sen embargo as principais industrias están aproveitando para asinar contratos a longo prazo ( agora asinan a un ano cando ata agora impuxeron contratos a 3 ou 4 meses ), con subas moi pequenas que poñen o prezo base medio no entorno dos 28 céntimos o cal tira por terra tódalas esperanzas de recuperación que había no sector. Galicia seguimos sendo a Comunidade ecos prezos máis baixos de España, cunha diferenza ó prezo medio ponderado de 2,5 céntimos respecto ó prezo medio de España, o que claramente pon a Galicia en unha situación moi diferente a outras comunidades do estado.

 

Finalmente UUAA levou ao Consello Agrario a esixencia de sancións para os que incumpren coa definición de sustentabilide de ó longo da cadea de valor do leite. Neste sentido, existen propostas de sustentabilidade aceptadas por produtores, industria e administración, que definen cales son os custes en cada elo, polo que so é necesario que este se aplique, polo menos a aqueles que asinaron o acordo de setembro e así todos poidamos vivir no sector e se deixe de formar o prezo do leite na distribución de xeito inverso.

Voceiro: Oscar Pose, responsable de servizos de UUAA,

Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web