Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O AFAN RECADATORIO DE XUNTA E ENESA CASTIGAN NOVAMENTE AS RENDAS DOS GANDEIROS

Nestes días están denegando ás explotacións tipificadas como prioritarias os complementos de subvencións nos seguros agrarios

Santiago 17 de febreiro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias vai a solicitar unha reunión urxente con responsables da Consellería de Medio Rural para que expliquen como é posible que gran parte das explotacións gandeiras que teñen recoñecido o carácter de prioritaria, e polo tanto con dereito a percibir unha subvención complementaria na contratación da seguros agrarios, estean vendo como non lle aplican os descontos establecidos pola normativa estatal de seguros agrarios.

Nestes días están chegando ás explotacións de toda Galicia notificacións nas que se indica que a Xunta de Galicia a requeremento da Empresa Nacional de Seguros Agrarios (ENESA), non aportou a documentación necesaria para acreditar que unha explotación ten recoñecido o carácter de prioritaria. Esta situación provoca que automaticamente a granxa  perda as bonificacións na contratación de pólizas contra continxencias.

Para a organización agraria este feito so pode respostar a un interese recadador de ENESA para cotizar a alza as pólizas e tamén da Consellería de Medio Rural posto que o gandeiro terá pagar unha taxa de 10 euros para facerse coa documentación que a Xunta de Galicia tería que ter enviado de oficio.

O sindicato Unións Agrarias lembra que Galicia é unha das zonas de todo o Estado que menos pólizas de seguro subscribe pola constante caída de rendas no agro. Así, ao longo deste anos moitos dos produtores afrontan esta calamidades climatolóxicas ou sinistros nas explotacións  sen a cobertura adecuada dun seguro por falta de recursos para poder contratalo. Os continuos recortes do Ministerio nas axudas a través de ENESA provocou a non renovación de pólizas de Agroseguro.

Voceiro: Javier Iglesias, responsable de vacún de leite e gandería  intensiva de UUAA. Tel 628 703 347





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web