Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA CIFRA EN MAIS DE 120 OS GANDEIROS AFECTADOS POLOS IMPAGOS DE ARTESANOS GALLEGOS DE LA CARNE

Reclama unha reunión urxente con Medio Rural para estudar a situación

Santiago, 22 de febreiro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias reuniu hoxe no Centro sociocultural de Castro Riberas de Lea, no concello de Castro de Rei, a grande parte dos gandeiros afectados polos impagos da empresa Artesanos Gallegos de la Carne que ven de declarar concurso de acredores.

Na asemblea desde sindicato púxose a disposición dos produtores os servizos xurídicos para asesorar cara a poñer en común unha reclamación conxunta polas débedas da empresa poden acadar o medio millón de euros so en impagos ás granxas.

UU.AA. vai a trasladar a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez unha solicitude de reunión para informala de primeira man da situación de creba na que a firma Artesanos Gallegos de la Carne deixou a moitas explotacións da provincia de Lugo.

Hai que lembrar que a empresa agora concursada ocupa o cuarto posto en volume de sacrificado e procesado cunha cifra que supera os 1.500 becerros so nos amparados pola IXP Ternera Gallega aos que hai que sumar os que mercaba a marxe do citado selo de calidade. 

A organización agraria, está a tramitar varias demandas para tratar de recuperar as cantidades que se lle adebedan aos gandeiros por parte dunha sala de despiece da provincia de Lugo.

 Para UUAA este momento resulta especialmente perigoso para o sector xa que por un lado hai unha sobre oferta de vacún de carne derivada de que moitas explotacións de leite con problemas de viabilidade se pasaron a carne buscando unha saída. Por outra banda, o prezo do quilo de carne en orixe non chega os 5 euros co que dificilmente se poden cubrir custes, cando ademais se están recortando ano a ano as axudas.

Unións Agrarias, lembra que o sector de gando de carne en Galicia é vital para manter activo economicamente moitas vilas que pola súa ubicación en zonas de montañas ou en comarcas desfavorecidas que non dispoñen doutra alternativa económica. Estas explotacións son unha barreira para manter a biodiversidade e evitar o abandono e a proliferación de incendios.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Gandería Extensiva de UUAA, Tel: 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web