Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE UN PLAN TRANSVERSAL PARA O SECTOR PATAQUEIRO

Agarda que na reunión de mañá en Medio Rural se concreten xa medidas

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017. O sindicato Unións Agrarias (UU. AA.) acude a reunión de traballo sobre a crise do sector pataqueiro, prevista para mañá as 9.00 H na Dirección xeral Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, coa demanda de que se poña en marcha de xeito inmediato un plan transversal de loita contra couza guatemalteca que conteña unha liña de axudas urxentes para o sector que se vai ver afectado por perdas por lucro cesante e patrimoniais derivadas da citada praga.

No encontro ao foron citados alcaldes da comarca da Limia, representantes do almacenistas e máis Unións Agrarias, debe de supoñer o primeiro paso para crear unha mesa de sectorial desde a que se aborde de xeito integral e consensuado co tódolos activos do sector da pataca, medidas concretas que camiñen cara a resolución da actual problemática.

A organización agraria lembra que Galicia se está xogando un volume de produción de preto de 200 millóns de quilos de pataca en toda a Comunidade, polo que pide proporcionalidade e acerto das medidas que se apliquen para combater este problema. Posto que tan malo resulta non cortar o problema, como xerar unha sensación de alarma que leve aos consumidores cara producións pataqueiras como a francesa tal como xa está ofertando algunha grande superficie de capital galego.

Desde o sindicato solicitase a realización inmediata dun censo de parcelas con afectación presente, que inclúa as terras previstas en futuras cuarentenas fitosanitarias.

Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web