Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA OS RETRASOS NOS PAGOS DAS AXUDAS POLA FALTA DE PERSOAL E O CAOS ADMINISTRATIVO NO FOGGA

Resulta moi preocupante ó coincidir coa tramitación da campaña da PAC

Santiago, 28 de febreiro de 2017.- O sindicato Unións Agraria denuncia os retrasos na tramitación das axudas da PAC pola falta de persoal e caos administrativo que se ten instalado desde hai meses na unidade de xestión do FOGGA, dependente da Consellería de Medio Rural.

Tal como ten sabido o sindicato, a través do propios traballadores do departamento, os traslados nos postos de traballo e a falta de cobertura das baixas van a traer consigo que os produtores reciban tarde e mal os fondos comunitarios que teñen solicitado.

Ao igual que denunciara a organización agraria o pasado ano no que un gran número de explotacións gandeiras de Galicia tiveron retraso de moitos meses en recibir as axudas da PAC correspondentes ao ano 2015, e que nalgúns casos aínda perduran os impagos das anualidades tanto do 2015 como do 2016. Non se entende que neste exercicio de dea a mesma falta de sensibilidade da Xunta para un sector que como o lácteo está a atravesar unha gravísima falta de liquidez pola caída en picado dos prezos do leite en orixe.

Desde UUAA non se entende que en plena campaña da PAC a Consellería non consiga poñer orde nos equipos de tramitación para evitar retrasos cando moitas explotacións galegas están en perdas polo que a entrada de fondos derivados da PAC resultan imprescindibles para afrontar minimamente os pagos.

Voceiro: Oscar Pose, responsable de Servizos de UUAA,Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web