Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A RETIRADA INMEDIATA DAS OFERTAS ILEGAIS DE LEITE DETECTADAS NOS SUPERMERCADOS GADIS

En aplicación do Protocolo de Sostenibilidade asinado co MAPAMA

Santiago, 3 de marzo de 2017.- O sindicato Unións Agrarias detectou varias ofertas de leite a da marca Rosina en supermercados da cadea Gadis en distintos puntos de Galicia, a prezos de promoción de 0.51 cts litro o que contravén o Protocolo de Sostenibilidade asinado co MAPAMA e tutelado polo Ministerio desde o acordo de setembro de 2015  para evitar o uso do leite como produto reclamo.

No día de hoxe, a organización agraria tivo constancia fotográfica das prácticas fraudulentas que a citada cadea galega de distribución, polo que pídelle a Consellería de Medio Rural que obrigue a retirar de inmediato a citada promoción. Do mesmo xeito desde o sindicato trasldáse á patronal da distribución Galicia, ASEDAS, a correspondente denuncia na  para que poña freo a este modelo de actuación  comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo.

O Protocolo de Banalización forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.

A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite, xusta. UUAA vai a manter unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web