Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA LOGRA RETIRAR A OFERTA ILEGAL DE LEITE DE GADIS

Logo da denuncia do sindicato na reunión de hoxe da Comisión de Seguimento do Acordo Lácteo do MAPAMA

Santiago, 2 de marzo de 2017.- O sindicato Unións Agrarias vén de lograr que a cadea de Supermercados Gadis retire en todo Galicia a oferta ilegal de leite que tiña vixente con prezos de ata 0,49 Euros/litro en distintas marcas de leite en brikc.

Logo da denuncia por parte de UUAA desta práctica abusiva na Comisión de Seguimento do Acordo Lácteo de setembro de 2015, que tivo lugar nesta tarde no Ministerio de Agricultura en Madrid, a compañía distribuidora accedeu a retirar inmediatamente os stoks de leite que se atopaban en clara venta a perdas.

No día de onte, a organización agraria tivo constancia fotográfica das prácticas fraudulentas que a citada cadea galega de distribución, e preparou a correspondente denuncia, que no día de mañá ia a ser rexistrada, para que poñer freo a este modelo de actuación  comercial completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo.

O Protocolo de Sostenibilidade forma parte dos acordo lácteo de setembro de 2015 e de acordos posteriores dentro da interprofesional láctea, para mellorar o funcionamento da cadea de valor do leite e evitar a venta de leite a prezos moi por debaixo do considerado prezo sostible, que poñan en perigo os elos máis febles da cadea.

A organización agraria esixe unha vez máis as administracións que vaian máis alá das grandes declaracións de apoio o sector e que faga o seu traballo de fiscalización destas actitudes comerciais devastadoras para a formación dunha cadea de valor para o leite, xusta. UUAA vai a manter unha actitude vixiante nos distintos centros comercias para denunciar publicamente a aqueles que atentan contra a dignidade dos produtores lácteos de Galicia.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web