Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A CONVOCATORIA DE AXUDAS DE PLANS DE MELLORA

Para que os titulares das explotacións poidan comezar a obra no verán

Santiago, 6 de marzo de 2017.- O sindicato Unións Agrarias pide a Medio Rural a apertura xa da convocatoria de Plans de Mellora para que titulares de explotacións poidan acometer as obras no verán. Con esta iniciativa a Consellería de Medio Rural daría cumprimento a promesa que trasladou a os sector a propia conselleira Ángeles Vázquez, no sentido de abrir a citada convocatoria “a principios de ano”.

A organización agraria considera que se retrasa mais o arranque da tramitación non se van poder atender aos máis de 1.500 expedientes de solicitude de axudas para as granxas que quedaron fora no última exercicio.

Resulta un contra sentido que se anuncien a incorporación de mais de 600 mozos as explotacións agrarias – moitos destas incorporacións proveñen do baixo nivel de aprobacións de anos anteriores- cando a moitos deles se lles negou as axudas para modernizar as instalacións. Para UUAA hai que se habilitar o antes posible unha convocatoria e que se asuman todos os expedientes que quedaron fora na anterior sen necesidade de nova tramitación. So así se podería comezar as obras nas granxas e non ter que esperar a 2018 para facelas.

UUAA  espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.

Finalmente a organización agraria solicita que se abran novos centros no que se poidan realizar os curso de formación para os mozos que se incorporan as granxas, dado que tratándose dun programa de 250 h, supón un custo importante que non deben asumir os futuros produtores desprazándose a estes centros. Para iso é necesaria habilitar cursos de proximidade que complemente a oferta existente.

Voceiro para este tema: Oscar Pose. responsable de Servizos de UUAA, Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web