Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O PREZO DO LEITE EN GALICIA É O MAIS BAIXO DE ESPAÑA

UUAA denuncia que o diferencial coa UE alcanza case os 3céntimos

Santiago, 7 de marzo de 2017.- O sindicato Unións Agrarias denuncia que os gandeiros galegos son os peor pagados de España segundo se desprende das últimas estatísticas publicadas referidas as medias do mes de xaneiro, nas que Galicia apenas chega 30,30 cts/l mentres que outras comunidades como Pais Vasco ou Asturias acadan os 34,9 ou os 33,4 cts/l.

Desde a organización agraria vese con moita preocupación como a recuperación de prezos no sector lácteo da que se fala desde a Consellería de Medio Rural non só non chega a Galicia senón que a brecha de prezos segue agrandándose. Así, os gandeiros galegos soportan case 2 céntimos de diferenza respecto da media de  España e de case 3 céntimos respecto da media das zonas produtoras da Unión Europea.

Para UUAA basta unha ollada as series acumuladas de todo o ano para ver como a recuperación si é unha realidade en países como Irlanda, Francia, Dinamarca ou Alemaña, con subas de dous díxitos sendo todos eles netamente exportadores, mentres que España apenas chega a 1,6 €/100 kg.

As explotacións lácteas de Galicia seguen presas das prácticas inmorais dos primeiros compradores de tirar os prezos a pesar das promesas –polo de agora incumprida- da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez no sentido de sacar un decreto en Galicia de regulación e control para estes “tratantes de leite” se o Ministerio non daba o paso.

Neste sentido, desde UUAA critícase que na Consellería  hai un discurso fronte ao público que non se corresponda coa realidade, xa que a pasada semana publicáronse axudas para transformación de produtos agroalimentarios e entre os seus beneficiarios están primeiros compradores de leite, a pesar que manteñen falta de pagamentos cos gandeiros e que teñen como único obxectivo empresarial é abaratarlle o leite á industrias. Só así se entende que en Galicia haxa neste momento 2.170 gandeiros que cobran menos de 25 céntimos o litro e que teñamos os prezos máis baixos de España.

Voceiro: Oscar Pose, responsable de Servizos de UUAA, Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web