Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA AGARDA MELLORAS NAS AXUDAS AOS PRODUTORES DE PATACAS AFECTADOS POLA COUZA GUATEMALTECA

Hoxe reuneuse cos membros do PP na Comisión de Agricultura no Parlamento

Santiago 13 de marzo de 2017.- O secretario xeral de UUAA, Roberto García reuniuse na mañá de hoxe cos membros do Partido Popular na Comisión de Agricultura no Parlamento de Galicia, para trasladarlle a necesidade de ampliar o volume e a abano das indemnizacións aos produtores de patacas dos 31 concellos galegos afectados pola praga da couza guatemalteca. Para a organización agraria, que valora positivamente a boa receptividade do PPdG ás súas propostas, resulta imprescindible unha maior vontade orzamentaria na que se inclúa o lucro cesante por non plantar patacas nas zonas afectadas para atallar a praga con maiores posibilidades de éxito.

A partida que se tería que dispoñer –uns 3,5 millóns de euros para cubrir unha demanda de consumo dunhas 18.000 toneladas de consumo-, resulta pequena se se teñen en conta os danos económicos aos que habería que facer fronte se a praga non se contén e chega as zonas de produción de pataca para comercialización.

Por parte do sindicato tamén se pon de manifesto a necesidade de incorporar as organizacións agrarias a comisión técnica de seguimento que creará a Xunta a instancias do Parlamento para poder trasladar directamente iniciativas dos produtores e coñecer todas as accións e evolución dos resultados que se van acadando.

A organización agraria trasladoulle aos representantes do PPdG que so con medidas apoiadas na vontade da xente e nas sancións previstas no decreto do Ministerio, non se vai a poñer freo á problemática polo alto volume de autoconsumo que existe en Galicia na produción de pataca o que converte a praga nunha ameaza difusa. Para UUAA resulta moi importante acertar polo que non se pode escatimar en gastos porque o risco de peche das exportacións (maioritariamente a Portugal) sería moi grave para Galicia.

Finalmente desde Unións Agrarias trasladóuselle ao grupo do Partido Popular a necesidade de que a Xunta pida a Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) un seguro específico sobre a praga que poida afectar aos profesionais do sector.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web