Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UNIÓNS AGRARIAS DEMANDA UNHA SOLUCIÓN Á FORESTACIÓN ILEGAL DE TERRAS AGRARIAS MEDIANTE A APLICACIÓN DA LEI

É preciso que a Xunta faga cumplir a lexislación vixente e non faga a vista gorda

Lugo, 24 de marzo de 2017 – Unións Agrarias ven de dar esta mañán en Lugo unha rolda de prensa, onde expresou a preocupación do sector agrario galego pola forestación indiscriminada de terras agrarias, cando é algo totalmente prohibido pola lexislación vixente, que non se está a cumplir.

Se recoñecen xa unhas 30.000 ha agrarias plantadas ilegalmente en Galicia, especialmente con eucaliptos, e especialmente nos últimos 5 anos, xa coa Lei 7/2012 de Montes de Galicia que prohibe este tipo de plantacións,  aprobada e en vigor. Unións insta a enfrentar este problema dunha vez, especialmente habida conta que na próxima década cesarán na actividade por xubilación á metade dos agricultores e gandeiros galegos en activo a día de hoxe. ¿Qué vai pasar con esas 200.000 ha que cesarán na actividade? ¿Vanse a tomar medidas serias para que queden na actividade agraria, facilitando o acceso ás mesmas á xente que quede na actividade e aos mozos que se incorporen? ¿Ou se vai permitir que unha gran parte delas se continúe a plantar de xeito ilegal?

Unións aboga por un punto de inflexión neste proceso, e que se inicie un camiño de rigor na aplicación e cumprimento da Lei. Por elo ven de propoñer unha amnistía, na que aos propietarios con plantacións ilegais se lles comunicaría a situación irregular da mesma, e se lles daría un prazo prudencial para levantala ou regularizala, sen lles aplicar a sanción de 3000 euros que estipula a lexislación vixente, si a levanta voluntariamente no prazo fixado. Asemade nesa comunicación se lle informaría da posibilidade de arrendala para usos agrarios a través do Banco de Terras de Galicia, con transparencia de prezos e seguridade xurídica.

A día de hoxe os propietarios de plantacións en terras agrarias non poden certificar a súa madeira, perdendo uns 4 euros/tonelada no prezo, pero é que nos próximos 5 anos, segundo vaian entrando as normas da Due Dilligence e da trazabilidade das cortas, vai ser ilegal que calquera tipo de industria forestal compre esa madeira, xa que pasaría a ser considerada tan ilegal como as importacións ilegais de madeira tropical. A vista gorda da Adminsitración está a xerar un problema de primeira orde para os agricultores e gandeiros por falta de acceso ás terras, pero tamén para estes propietarios que non poderán colocar a súa madeira no mercado. Hai que parar esta burbulla aplicando a Lei e o sentido común e cada día que se deixe pasar, aumentará o problema e terá máis custe no futuro.

Por todo elo Unións pedirá que estas medidas se apliquen co máximo consenso político, xa que se está a falar dun problema de país, que si non se resolve axeitadamente, fará imposible a convivencia dos usos agrarios e forestais no medio rural, fomentará o abandono do agro e a problemática dos incendios forestais. As medidas que se tomen teñen que ter vocación de permanencia no tempo, independentemente da cor do goberno da Xunta. Daí a necesidade do consenso.

Hai que ordear o territorio galego para que o agro e o forestal teñan futuro, dando oportunidades á xente nova. O eucalipto é unha especie fundamental en Galicia, que ten o seu lugar no monte, onde debe de ser plantada de xeito legal, e xestionada dacordo os principios da sostenibilidade. Pero non no agro de xeito ilegal.

Para máis información:  Jacobo Feijoo. Responsable de Área Forestal de UUAA. 639630140.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web