Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA RECLAMA A MEDIO RURAL O PLAN DE INVESTIMENTOS

Logo do anuncio do presidente da Xunta o pasado venres no Consello

Santiago, 28 de marzo de 2017.- Unións Agrarias reclama a Consellería de Medio Rural que convoque ás organizacións agrarias para informalas dos obxectivos, contidos e plan de investimentos do chamado “Plan Específico para fixar poboación no medio rural” do que foron informados os medios de comunicación o pasado venres polo presidente da Xunta de Galicia e do que porén os representantes de agricultores e gandeiros aínda non recibiron ningunha aclaración.

Para o sindicato UUAA non se entende que se poida sacar adiante uns investimentos de preto de 230 millóns de euros sen escoitar nunha mesa sectorial as propostas e prioridades que a base produtora agrogandeira necesita poñer en marcha de xeito inmediato para garantir un futuro fronte as incertezas que cada día complican o día a día das explotacións.

Descoñecese a día de hoxe a partida orzamentaria na que se asentan os investimentos cos que se crearán nin os 3.000 empregos forestais nin a habilitación de 330.000 hectáreas de superficie agraria, como tampouco se entende que se fale de remuda xeracional de efectivos ao fronte das granxas cando so no exercizo 2015, se deixaron mais de 1.500 solicitudes de axudas para plans de mellora sen cubrir, ou cando os complementos para as explotacións gandeiras en zonas desfavorecidas e de montaña se ven recortadas ano a ano.

Unións Agrarias vén de convidar mediante un escrito á conselleira do Medio Rural, Áxeles Vázquez, a que convoque de xeito inmediato esta  mesa de traballo na que se poñan enriba dela os retos e as urxencias do sector produtor de Galicia como os impagos aos gandeiros de carne por parte de industrias ou as ameazas serías de comercialización e de distribución de axudas no sector pataqueiro. Por non falar da gandería de leite nas que as granxas galegas teñen o triste privilexio de cobrar os prezos mais baixos do Estado ou que os primeiros compradores sigan especulando coas necesidades dos gandeiros para forzar caídas nas cotizacións de cara a facer o traballo sucio ás industrias.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web