Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA VE POSITIVA A NOVA OFERTA DE PLANS DE MELLORA

Pide axilidade para que os beneficiarios poidan comezar a obra no verán

Santiago, 31 de marzo de 2017.- O sindicato Unións Agrarias ve esperanzador o anuncio de Medio Rural da  nova convocatoria de axudas de Plans de Mellora para as explotacións gandeiras. Ao mesmo tempo desde a organización agraria solicítase a máxima axilidade na resolución dos expedientes para que os titulares das granxas poidan acometer as obras no verán.

A organización agraria lembra que no último exercicio quedaron fora das axudas máis de 1.500 expedientes. A priorización destas solicitudes debe estar regulada na orde que se publique tal como se comprometeu a Consellería do Medio Rural. Como neste momento non se atopa aínda incorporado, Unións Agrarias espera que isto responda a un erro de redacción e non a unha vontade explícita, porque suporía un dobre castigo para aqueles gandeiros que tendo presentado en tempo e forma a documentación agora se vexan fora novamente do concurso.

UUAA agarda maior xenerosidade da Consellería de Medio Rural, posto que considera que os 500 expedientes aprobados o ano pasado son de todo punto insuficientes para a demanda que se dá na base produtora.

Por outra banda o sindicato  espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.

Voceiro para este tema: Oscar Pose. responsable de Servizos de UUAA, Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web