Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA A SOEDADE DOS GANDEIROS FRONTE A SECA

Pide a Consellería novas liñas de seguro que cubran o risco no pasto

Santiago, 24 de abril de 2017.- O sindicato Unións Agrarias denuncia a indefensión dos gandeiros a hora de protexer os seus pastos diante da seca, dados os requisitos que se esixen para facer efectivas as coberturas das primas de seguros, xa que están mais pensadas para rexións nos que se pode analizar de xeito rápido a falta de auga.

O modelo de auditoría está baseado nun rastreo mediante fotos aéreas que avalían as diferenzas cromáticas nos prados en períodos de tempo en que en Galicia se manteñen verdes a pesar de estarse esgotando os acuíferos, tal como está ocorrendo nestas semanas. Deste xeito, para cando as pradarías que alimentan o gando en extensivo sequen xa estarán fora da cobertura dos seguros.

Para Unións Agrarias, anuncios como os da Consellería do Medio Rural de dotar a toda a carteira de subvencións a seguros agrarios con pouco mais de catro millóns de euros, non deixa de ser a constatación dun recorte, posto aínda non hai moitos anos o orzamento disposto era de 8 millóns de euros.

Por outra parte hai que destacar que os produtores teñen cada máis dificultades para poder afrontar os custes de seguros polo que desde a organización agraria ponse de manifesto que debido a caída na rendibilidade nas explotacións e os recortes do ministerio de Agricultura nos fondos de Enesa, moitos produtores non poden contratar seguros agrarios. Máxime cando para a próxima campaña que empeza o 1 de xuño se prevén subas de 10 puntos no custe das primas.

Esta situación vai a comprometer gravemente a supervivencia económica dunha parte grande dos produtores afectados. Desde UUAA pídese para estas explotacións a condonación das cotas da Seguridade Social durante os meses necesarios para equilibrar minimamente as contas.

Voceiro para este tema: Xosé Ramón Gonzales. Responsable de Agricultura de UUAA, Tel 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web