Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ADVIRTE QUE OS PLANS DE MELLORA PRESENTADOS ATA O DE AGORA NON CHEGAN AO 30% RESPECTO DE 2016

A 6 días da finalización do prazo e ante a despreocupación da Xunta

Santiago, 25 de abril de 2017.- O sindicato Unións Agrarias volta a pedir un exercicio de responsabilidade á Consellería de Medio Rural para que  amplíe o prazo de presentación de solicitudes de plans de mellora para as explotacións gandeiras, logo de que se teña constancia de ata agora non chega ao 30% o número de expedientes respecto dos rexistrados en 2016.

A organización agraria xa denunciou a semana pasada que a Xunta adiou 20 días a publicación das normas complementarias nas que se fixan requisitos a cumprir, investimentos subvencionables e niveis de apoio para cada gasto, o que provocou un retraso xeral na tramitación de expedientes. Se a iso se suma que so se pode xestionar a solicitudes de axudas de xeito telemático, o resultado é que Medio Rural se vai a poder aforrar gran parte do orzamento previsto de 40 millóns de euros, pola imposibilidade dos produtores para tramitar os seus expedientes. Una situación que é extensible a tramitación das axudas para a incorporación de mozos e mozas á actividade agrogandeira que contan cunha dotación de 20 millóns de euros.

O sindicato agarda que os atrancos e retrasos burocráticos postos desde a Consellería non respondan a unha estratexia de recorte encuberto porque sería unha insensatez deixar as explotacións galegas sen esta inxección de renda, nun momento no que está en cuestión o seu futuro pola falta de liquidez.

UUAA insiste que si se mantén o prazo de peche da convocatoria no 2 de maio, a maior parte das solicitudes van a quedar fora porque a recompilación de documentación leva tempo e ademais estamos en plena campaña de ensilado nas granxas co que o tempo do dispoñen os produtores é moi limitado.

Voceiro para este tema: Oscar Pose. responsable de Servizos de UUAA, Tel 628 433 617





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web