Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA VALORA EN CASE 72 MILLÓNS OS DANOS POLA XEADA

O sindicato apunta a perda de máis de 16 millóns de quilos de uva

Santiago, 28 de abril de 2017.- Unións Agrarias alerta da magnitude do danos que as xeadas da pasa madrugada teñen producido nas denominacións de orixe de viño nas provincias de Ourense e Lugo. Polos datos que se van recadando nas oficinas do sindicato o monto global de perdas para o sector vitivinícola pode acadar os 72 millóns de euros dado que se calcula que se estragaron uns 16,3 millóns de quilos de uva o que supón que non chegarán ao mercado 21,7  millóns de botellas de viño.

Das catro denominacións de orixe afectadas, é a de Monterrei a que amosa un maior grao de danos cunha incidencia do 95% e case 800.000 Euros en perdas nas vides. A continuación sigue a DO de Valdeorras cun 80%  e case 2,9 millóns de euros de perdas en uva. Os colleiteiros de Ribeiro e Ribeira Sacra cuns danos do 75% e 60% respectivamente perderan en uva 7,2 e 3,1 millóns de euros.

A estes danos hai que engadir os gastos derivados da recuperación das vides mediante podas en verde e aplicación de cicatrizantes que ascenderán a 2.2 millóns de euros, que de xeito inmediato van ter que desembolsar os produtores para tratar de salvar as explotacións.

Unións Agrarias, vendo a magnitude da afectación xa circulou na tarde de onte unha carta aos concellos afectados para que inicien os trámites para documentar unha solicitude de zona asimilable a desastre natural para que se poñan en marcha os mecanismos de compensación económica que permite a lexislación comunitaria, estatal e autonómica.

O papel que desempeñan os concellos na posta en marcha deste tipo de medidas é fundamental, dado que poden emitir informes de valoración sobre os danos causados á Consellería do Medio Rural e/ou ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Un catálogo de medidas para axudar a aliviar estas continxencias, afecta a diferentes departamentos ministeriais: unhas dirixidas a diminuír a carga tributaria dos agricultores afectados e outras a concesión de créditos preferentes para manter a competitividade da explotación, así como as destinadas a flexibilizar o cumprimento das obrigas de pagamento da seguridade social e/ou outras medidas de orde laboral.

Neste sentido hai precedentes de medidas excepcionais postas en marcha pola Xunta de Galicia. En concreto habilitou unha partida de medio millón de euros para compensar a perda de produción dos viticultores de Sober na Ribeira Sacra afectados polo pedrazo rexistrado o 15 de agosto de 2016 que non tiveran subscrita ningunha póliza de seguros.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA,

Tel: 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web