Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UNIÓNS AGRARIAS INSTA A POSTA EN MARCHA INMEDIATA DO PROTOCOLO DE CONTROL DE DANOS DO XABARÍN EN MESÍA

Alarma polos cuantiosos danos no comezo da campaña da sementeira

Santiago de Compostela, 3 de Maio de 2017 – Unións Agrarias ven de solicitar da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, a activación do protocolo de control de danos do xabarín, no Concello de Mesía, ante os danos que xa se rexistran por ataques de mandas de xabaríns, en parcelas recén sementadas con millo, como na parroquia de Boado, onde hai xa máis de 8 ha afectadas, que superarían os 6.000 euros de danos.

Hai que ter en conta que a campaña de sementeira acaba de ser iniciada, e de non tomarse medidas estes danos van aumentar de xeito exponencial nas próximas dúas semanas. É preciso facer un esforzo de control de danos especialmente nas dúas semanas seguintes á sementeira do millo, cando está aínda na terra o gran, ou recén xerminado. Para iso é fundamental a colaboración dos TECOR e sociedades de caza, xa que en caso de non colaborar tomando as medidas de control de danos acordadas no protocolo, se lles reclamarían os danos por vía xudicial, pois a Lei vixente de Caza de Galicia atribúe esta responsabilidade de sufragar os danos aos propios TECOR e Sociedades de Caza.

Para afrontar estas situacións de risco que ameazan ás colleitas, e evitar a xudialización da reclamación dos danos, existe un protocolo de actuación na que os afectados advirten dos danos ao Servizo Provincial de Caza, quen comunica os danos ao TECOR correspondente (neste caso o TECOR de Mesía), e se activan as medidas, que inclúen a realización de esperas e batidas extraordinarias por parte dos cazadores, que a Administración pode autorizar en 24 horas.

A sementeira do millo é un momento moi delicado xa que as parcelas recén sementadas son moi vulnerables, e mandas de ata 10 ou 12 xabaríns poden desfacer varias fincas de cultivo nunha noite, o que supón en sementeira unas perdas duns 1200 euros por ha, e convertese nun sobrecuste para os produtores, nunha campaña onde existe xa unha seria preocupación pola seca e a falta de normalidade nas precipitacións.

Igualmente a retirada das axudas da Xunta para indemnización polos danos do xabarís aos produtores, para as cales se habilitaron o ano pasado 600.000 euros,  non foron convocadas para o presente ano por falta de orzamento, o que aumenta o grao de tensión e a necesidade de que todas as partes implicadas (Administración da Xunta e cazadores) asuman con dilixencia as súas responsabilidades para previr, evitar, ou no seu caso minimizar os danos, sendo indispensables as acción puntuais de caza e control poboacional.

Na provincia da Coruña se veñen cazando ao ano en temporada uns 2500 xabarís que non logran estabilizar as súas poboacións, que van a máis provocando serios problemas de accidentes de tráfico con 3,5 accidentes diarios, dos cales o 60% son causados polo xabaril.

Para máis información:

Anxo Dono. Responsable comarcal de UUAA na comarca de Ordes. 650160367





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web