Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE UNHA MESA DE XESTIÓN DOS DANOS DA XEADA

A falta dunha adecuación das pólizas a Galicia impide unha cobertura eficaz aos seguros

Santiago de Compostela, 4 de Maio de 2017 – Unións Agrarias reclama á Consellería do Medio Rural a convocatoria inmediata dunha mesa técnica que aborde un plan de financiamento de urxencia para as perdas provocadas pola xeada nas denominacións de orixe Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei. Unha estratexia de actuación que tamén debe englobar a ás producións de castaña de Viana do Bolo e as de Kiwi da provincia de Pontevedra.

Para a organización agraria resulta urxente redeseñar o catálogo de estipulacións das pólizas dos seguros agrarios posto que co actual formato resultan caras e  inoperativas e non se adaptan ao minifundio de moitas das terras agrarias galegas nin ao modelo de ocupación a tempo parcial para complemento de renda ou de xubilación que teñen unha parte dos agricultores de Galicia. Esta realidade fai que se produza un risco de exposición en mais dun 80% de explotacións que carecen de seguro.

O sindicato pide que se poñan enriba da mesa xa, en tanto se pechan as valoracións de danos, un catálogo de compensacións económicas que inclúan axudas de minimis para aquelas explotacións que estean en condicións de recibilas e unha liña de conxelación de pago dos xuros financeiros para as que non conten coa posibilidade de recibir axudas vía UE.

No caso das adegas é preciso iniciar unha campaña institucional de promoción de marca nos mercados de referencia para evitar a perda de posicionamento do viño de Galicia pola falta de volume que se prevé pola caída da produción. UUAA tamén solicita das deputacións provinciais implicación na perda no lucro cesante que van a sufrir moitas explotacións vitivinícolas, así como para cubrir os custes das tarefas de reanimación das vides afectadas, fundamentalmente poda en verde e aplicación de cicatrizantes.

Unións Agrarias inicia hoxe en Monterrei unha campaña de información aos produtores para coñecer o volume de danos e as primeiras medidas para propoñer as administración para afrontar unha grave crise que ten en xaque a toda a cadea de valor do viño en Galicia. O vindeiro xoves e venres as asembleas terán lugar nas casas da Cultura de Ribadavia e Verín respectivamente con horario de comezo en ambos casos ás 20.30 h.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA,

Tel: 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web