Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA IMPORTACIÓNS INDISCRIMINADAS DE LEITE

Mentres o Ministerio sigue sen desbloquear o decreto de fixe a orixe

Santiago 6 de maio de 2017.- O sindicato Unións Agrarias denuncia unha nova vaga de importacións de leite líquida de Francia por parte de algunhas das grandes cadeas de distribución que operan en España. Unha situación que supón un salto cualitativo posto que ate o de agora a entrada de produtos lácteos quedaba circunscrita fundamentalmente a queixos e derivados industriais.

Neste contexto a organización agraria lembra que de ter desenvolto Ministerio o Real Decreto de etiquetado obrigatorio de produtos lácteos o consumidor podería ter a opción de escoller na súa compra con base a una información completa.

Hai que destacar que no caso do leite líquido os tempos de envasado son os que marcan a diferenza de calidade entre as marcas. En Galicia as plantas que procesan leite galego apenas tardan 24 horas desde que se muxe ata que se mete no brick. Unha ratio imposible de cumprir coas cisternas que se importan desde Polonia.

Unións Agrarias lembra que segundo os resultados dun estudo no que colaborou coa Unión de Consumidores de Galicia, reflicte que o 97% galegos preguntados ó respecto considera que indicar a orixe do leite na etiqueta debería ser obrigatorio.

Por todo iso o sindicato non entende que o Ministerio teña que demorar mais a posta en marcha do decreto de identificación de orixe do leite cando noutros países como Francia, Portugal, Italia ou o Reino Unido xa está vixente sendo países excedentarios.

Sen ese instrumento as explotacións lácteas de Galicia seguen presas das prácticas inmorais dos primeiros compradores e industrias para os prezos a pesar das promesas –polo de agora incumprida- da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez no sentido de sacar un decreto en Galicia de regulación e control para estes “tratantes de leite” se o Ministerio non daba o paso.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web