Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ANUNCIA MOBILIZACIÓNS NO SECTOR DA VITICULTURA

Será o 13 de maio en Ribadavia para solicitar axudas aos danos da xeada

Santiago, 6 de maio de 2016.- A asemblea de mais de 200 viticultores convocada por Unións Agrarias onte en Ribadavia acordou facer unha gran mobilización o vindeiro sábado 13 de maio na capital do Ribeiro. Os produtores reclaman axudas directas para as explotacións afectadas pola tremenda xeada da semana pasada que deixou arrasada a maior parte da produción nas catro denominacións de orixe do interior de Galicia.

Desde a organización agraria poranse en contacto coa Consellería do Medio Rural para trasladarlle o gran malestar existente nas DO Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras polo abandono e falta de apoios do que a Xunta de Galicia está facendo gala dun xeito completamente irresponsable.

UUAA apunta que os danos nos viñedos polas xeadas son un problema de primeira magnitude, que se leva por diante un sector en todas las D.O. polo que a primeira opción pasa por indemnizar aos agricultores por metro cadrado de viña danada, de xeito similar a como se fixo en 2016 na Ribeira Sacra cando o pedrazo arrasou a subzona de Sober.

O sindicato considera unha escusa pobre o manifestado ao respecto pola conselleira, xa que non se ampara na legalidade, posto que se poden trasladar axudas directas de ata 15.000 euros por explotación.  
Así mesmo, é imprescindible abordar as bonificacións fiscais e nas cotizacións na Seguridade Social.

Una traballo que debe de abordarse nunha mesa sectorial de traballo pa ra planificar unha restruturación global das pólizas de seguros agrarios que está claro que non funcionan e non están adaptados para Galicia. De ahí a a súa baixa presenza nas explotacións galegas.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA,

Tel: 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web