Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

O CEREAL OURENSAN QUEDA FORA NA REDUCIÓN TRIBUTARIA

6 Concellos de A Limia cotizarán o 0,18 e non o 0,13 como os demais

Xinzo 14 de maio de 2017.- O sindicato Unións Agrarias denuncia a falta de coherencia na redución de módulos do IRPF de 2016, anunciada hai unhas semanas polo Goberno e publicada no BOE do 4 de maio. Segundo se reflicte no texto do anuncio, está previsto que seis concellos da comarca de A Limia, (Baltar, Vilar de Barrio, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga e Os Blancos) tributen polo índice de rendemento neto do 0,18 en producións como o cereal ou a pataca.

Poren noutros como Sandiás, Sarreaus, Trasmirás, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía, as mesmas producións poderán acollerse ao índice mais reducido do 0,13 polo que renderán tributariamente menores cantidades na  Declaración da Renda.

Para o sindicato, que estivo loitando porque se producira unha rebaixa do 0,26 que estaba previsto a niveis impositivos mais soportables dada crise que soportan as explotacións, non ten ningunha lóxica que as principais zonas cerealeiras galegas queden fora da adecuación tributaria sobre todo tendo en conta os danos producidos polas xeadas nos cultivos.

UUAA agarda que este descontrol se deba a un erro polo que agarda  que de inmediato se normalicen os datos, do contrario estudará as medidas de denuncia mais efectivas xunto cos concellos afectados para frear o agravio comparativo entre produtores.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web