Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ANUNCIA MOBILIZACIÓNS NA COMARCA DE VIANA DO BOLO

As producións de centeo, prado, castaña, colmeas quedaron arrasadas

Viana do Bolo, 12 de Maio de 2017 – Unións Agrarias fai un chamamento a tódolos produtores da comarca de Viana do Bolo para que se sumen a tractorada que terá lugar o vindeiro venres 19 de maio para denunciar o grave abandono que sufre as explotacións da zona. A conxuncións de xeadas, seca e pedrazo fixo que sectores  como o do centeo, prado, castaña, colmeas se quedaran sen colleita en amplas zonas dos concellos de Viana, Vilariño, O Bolo, A Veiga, A Mezquita, A Gudiña. A marcha con tractores terá lugar estrada comarcal OU-533 nun dobre sentido xa que sairá de xeito simultáneo de A Gudiña cara Viana e viceversa. 

O sindicato non considera xusto nin sensato entregar as entidades bancarias a potestade de decidir que explotacións sobreviven e cales se quedan no camiño ao non poder acceder a un crédito por ser insolventes xa que non ten colleita na que ampararase. Resulta un contrasentido que tendo a maior parte dos produtores con perdas do 100% se habiliten so solucións ás que non van a poder acceder.

Unións Agrarias insiste en que so a través dos mecanismos previstos nas axudas directas se pode paliar minimamente as graves consecuencias económicas que se viven miles de familias na comarca. Medidas completamente legais posto que se teñen aplicados a outros sectores e tamén aos viticultores de Ribeira Sacra con perdas polo pedrazo en 2016.  Neste sentido sorprende que na lexislatura cualificada polo presidente da Xunta como a do rural polo especial interese que se lle ía prestar, na crise se esquezan os compromisos e se dean as costas a viabilidade dos miles de postos de traballo que están en xogo neste momento no sector vitivinícola de Galicia.

Desde o sindicato pídeselle sensibilidade ao presidente da Xunta para que non lle vire as costas aos produtores e traballadores da comarca nun momento no que está en grave risco o seu modo de vida. Sería unha ironía triste que na lexislatura definida desde o Goberno galego como a do rural na que se ían investir 230 millóns de euros e poñer en marcha 5.000 emprego, ao final se converta na etapa na que botaron o peche centos de explotacións e adegas.

Finalmente Unións Agrarias pon de manifesto a súa vontade de colaboración polo que non entende que representando a miles de produtores, non estea presente nas mesas de traballo de reformulación dos seguros agrarios ou na de propostas de solucións para o sector.

Voceira: María Páez, responsable de UUAA en Viana Tel 646180 155





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web