Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE SENSIBILIDADE AO PRESIDENTE PARA COS VITICULTORES

Debe liderar de xeito responsable as solucións para unha catástrofe histórica

Santiago de Compostela, 12 de Maio de 2017 – Unións Agrarias fai un chamamento a responsabilidade do presidente da Xunta de Galicia para que lidere de xeito decidido un plan de actuación para coas zonas produtoras de viño arrasadas polas xeadas da semana pasada e o pedrazo da presente. A magnitude da catástrofe é de tal calibre que non se ten memoria non últimos cen anos duns danos tan cuantiosos. Unha situación tan gravosa que fai necesario o concurso de todas as administracións e a coordinación eficaz por parte do xefe do Goberno galego.

O sindicato non considera xusto nin sensato entregar as entidades bancarias a potestade de decidir que explotacións sobreviven e cales se quedan no camiño ao non poder acceder a un crédito por ser insolventes xa que non ten colleita na que ampararase. Resulta un contrasentido que tendo a maior parte dos produtores perdas do 100% se habiliten so solucións ás que non van a poder acceder.

UUAA reclama que solo a través de axudas directas por hectárea afectada se pode salvar o futuro de Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra ou Monterrei. Este clamor está presente nas asembleas celebradas cos miles de produtores cos que se ten reunido a organización agraria e tamén nos encontros con adegueiros e alcaldes, moitos deles do Partido Popular.

As axudas son o instrumento legal mais efectivo do que se dispón para superar unha crise que ven a rematar unhas economías de por si moi condicionadas polos baixos prezos da uva. Son ademais un mecanismo habitual posto en marcha noutros sectores e mesmo para a viticultura no 2016 na Ribeira Sacra. Do mesmo xeito, non bastan con propostas de adiar o pago das cotas da Seguridade Social senón a súa condonación efectiva. Accións para as cales a Xunta de Galicia pode afrontalas cos Fondos de Compensación previstos nos orzamentos xerais que acadan os 60 millóns de euros.

Desde o sindicato pídeselle sensibilidade ao presidente da Xunta para que non lle vire as costas aos produtores e traballadores das catro DO afectadas nun momento no que está en grave risco o seu modo de vida. Sería unha ironía triste que na lexislatura definida desde o Goberno galego como a do rural na que se ían investir 230 millóns de euros e poñer en marcha 5.000 emprego, ao final se converta na etapa na que botaron o peche centos de explotacións e adegas.

Finalmente Unións Agrarias pon de manifesto a súa vontade de colaboración responsable polo que non entende nin considera intelixente que representando a miles de produtores, non estea presente nas mesas de traballo de reformulación dos seguros agrarios ou na de propostas de solucións para o sector.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web