Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA LEVARÁ A XUSTIZA A SITUACIÓN NO CRDO VALDEORRAS

Medio Rural debe intervir o consello ante os datos da súa auditoría interna

Verín 7 de xullo.- O sindicato Unións Agrarias anuncia a presentación dun recurso contencioso administrativo contra a decisión da Xunta electoral que deu como válida unha candidatura aos comicios no CRDO Valdeorras, logo de admitir que o titular da mesma era inelixible, xaque nin sequera estaba inscrito no censo de produtores.

A organización agraria entende que logo de expulsar ao cabeza de lista no cabe reescribir a ningún participante posto que o prazo xa estaba pechado polo que a candidatura está incompleta e polo tanto debe considerarse nula.

Do mesmo xeito os servizos xurídicos de Unións Agrarias están estudando a presentación ante a fiscalía dunha denuncia polo que entende que se desprende dos datos da auditoría, puideran darse  delitos de defraudación, delitos de administración desleal, delitos de apropiación indebida, delitos de falsidade documental e delitos de fraude de subvencións.

A situación no consello regulador de Valdeorras pasa por un momento crítico dadas a irregularidades que sacou a luz auditoría interna que se realizou no mesmo. Polo que UUAA, pide a Consellería de Medio Rural que unha vez teña coñecemento da mesma previo informe informe do presidente dos órgano reitor, interveña de oficio no mesmo dada a gravidade dos datos reflectidos no escrito.

De no ser así, será o sindicato o que saque a luz pública os contidos da auditoría para que se coñezan o modelo de xestión que ata ode agora se levo en Valdeorras. Existen irregularidades graves, que indican que se sacaron cartos pola porta de atrás, e os anteriores administradores van ter que explicar ante un xuíz onde están os cartos que faltan.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web