Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

A REDUCIÓN DE AXUDAS NO GASOIL, NOVA CARGA PARA O RURAL

Anunciase unha retirada dun 20% no apoio do impostos de hidrocarburos

Santiago de Compostela 18 de xullo.- O sindicato Unións Agrarias denuncia que unha vez máis a pretendida “lexislatura do rural” anunciada polo presidente da Xunta de Galicia, so era unha declaración de intencións valeira de contidos. Segundo se ven de reflectir na Lei de Acompañamento dos Orzamentos do Estado, o Goberno procederá a reducir nun 20% as axudas que destinaba a cubrir o tramo do Imposto Especial de Hidrocarburos para o gasóleos agrícolas. Esta nova carga impositiva da de fronte co anuncio de “impostos cero” para explotacións agrarias que desde Medio Rural se publicitou de xeito reiterado nos medios de comunicación.

Para a organización agraria, chove  sobre mollado, nos “anuncios bandeirín” que logo non se corresponde coa realidade.  Así sucede cando se anuncien a incorporación de mais de 600 mozos as explotacións agrarias aos que logo a moitos deles se lles nega as axudas para modernizar as instalacións. E ademais sobre o montante que se lle concede a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.

Do mesmo xeito o titular da Xunta nada fixo para frear a sangría económica, que o “catastrazo” as granxas que ameaza a supervivencia das familias que viven e traballan do campo e incluso ao dereito a educación dos seus fillos e fillas a comprometer a adxudicación das bolsas de estudos. Unións Agrarias entendeu sempre esta revisión desproporcionada no caso do Catastro de Rústica, polo que os Concellos teñen que tomar medidas para paliar o seu impacto na actividade agrogandeira, especialmente nos sectores de leite e carne, que atravesan pola súa crise máis grave das últimas décadas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web