Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

MEDIO RURAL SEGUE SEN REUNIRSE COS VITICULTORES CON DANOS POLAS XEADAS DE ABRIL

Contrasta coa disposición para cos alcaldes de zonas pataqueiras con danos por pedrazo

Ourense, 20 de xullo de 2017.- Unións Agrarias lamenta que a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, continúe adiando a reunión cos produtores de uva e castaña afectados polas xeadas do pasado mes de abril. Contra do que se comprometera logo da mobilización en Ourense o pasado mes de maio de recibir aos representantes dos viticultores ao día seguinte.

A estratexia da responsable de Medio Rural de poñer en menos o valor da representación sindical dos agricultores e agricultoras, ademais de pouco demócrata, resulta absurda posto que si ten tempo para reunirse cos alcaldes do Partido Popular dos concellos afectados polo pedrazo que afectou a zonas produtoras de pataca de A Limia. Unha reunión na que se falou abertamente de aportar axudas directas aos afectados, o mesmo modelo apoio financeiro que nega aos viticultores e produtores afirmando que é ilegal.

O sindicato agarda ter completado en breve a recollida de sinaturas de respaldo a Proposición non de lei de iniciativa popular que tramita no Parlamento de Galicia para que Medio Rural habilite axudas polas perdas na viticultura polas xeadas dio mes de abril. Ás dez mesas que ten abertas nas oficinas en zonas produtoras vanse achegando día a día mesmo os vecinos dos viticultores para co seu apoio contribuir a garantir un futuro para as comarcas que viven do viño nas DO da Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras, e dos produtores de castaña, afectados polas xeadas acaecidas nos últimos días de abril de 2017





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web