Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA LEVA A XUSTIZA AS RESOLUCIÓNS DA XUNTA ELECTORAL NA DO VALDEORRAS

Pide a suspensión cautelar da toma de posesión dos vogais do CRDO

Verín 27 de xullo.- O sindicato Unións Agrarias ven de presentar un recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a decisión da Xunta Electoral por diversos aspectos referidos a como se desenvolveu o proceso electoral  ao CRDO Valdeorras.

Así o que se impugna no recurso son as seguintes resolucións  da Xunta Electoral:                    

1. As 6 resolucións polas que se admitiu no censo ás 6 persoas que se deron de alta o mesmo día 17.02.2017 (entendemos que en todas concorrería a mesma causa que determinou a inelexibilidade de Ricardo Dobao Macía, é dicir, que non tiñan que estar no censo porque non era efectiva a súa alta no rexistro do CR)                       

2. Os acordos da Xunta Electoral polos que se proclama a candidatura de VITICULTORES INDEPENDIENTES DE VALDEORRAS                       

3. O acordo polo que se procede á proclamación de vogais electos nos Censo A – Sector Produtor do CRDO Valdeorras                       

Por todo iso UUAA solicíta como medida cautelar urxente a suspensión da toma de posesión dos vogais electos fixada para o 28 de xullo de 2017 as 11:00 horas.

Do mesmo xeito os servizos xurídicos de Unións Agrarias están ultimando a presentación ante a Fiscalía dunha denuncia penal polo que entende que se desprende dos datos da auditoría, puideran darse  delitos de defraudación, delitos de administración desleal, delitos de apropiación indebida, delitos de falsidade documental e delitos de fraude de subvencións.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web